270612 Porto de El Pontón - Pico Pozúa - Val de Rabanal - Burón
Enlaces a: wikiloc / fotos / pdf castelán
SITUACIÓN: Sajambre e Burón (León)
PUNTO DE PARTIDA: Porto do Pontón (1.280 m)
ACCESO: Desde Cangas de Onís pola estrada N – 625.
HORARIO: 5/6 h DESNIVEL: 800 m DISTANCIA: 16 km
DIFICULTADE: TIPO DE RUTA: Travesía
COTA MÍNIMA: Burón (1.120 m) COTA MÁXIMA: Pico Pozúa (1.930 m)
MAPAS: I.G.N. – 80 – I – III
DESCRICIÓN DA RUTA: A camiñada comeza no aparcadoiro que hai no porto do Pontón. Comezamos a camiñar en dirección suroeste subindo polo cordal por carreiro ben marcado.
Vamos pola divisoria dos concellos de Sajambre e Burón pasando o Collado Argayo (1.630 m) e deixando á nosa esquerda, un pouco máis adiante, o Alto de las Arregueras onde o carreiro gaña pendente ata o cume do pico Pozúa (1.930 m).
Agora cambiamos de dirección para ir cara ao sur en busca do Portillo de Becenas (1.570 m) desde o que en pouca subida, chegamos ao pico Becenas (1.797 m). O carreiro vai buscando os mellores pasos polo cume da serra ata chegar ao pico Parme (1.918 m).
Camiñamos un tramo en dirección sur, cara ao pico Pármede, pero antes de chegar a el xiramos á esquerda en dirección sur leste e comezamos a baixar, collendo un camiño que se dirixe ao bosque de faias.
Logo dos primeiros pasos polo bosque aparece un claro no que hai un cruce de camiños no Prau Llau. O ramal da dereita baixa polo Val de Mirva pero, collemos á esquerda subindo un pouco achegados ao bosque xunto ao que hai unha caseta de avistamento, ata un paso (1.430 m), desde o que temos unhas boas vistas dos Picos de Europa.
Camiñamos en dirección leste, atravesando un fermoso faial, ata atopar a bifurcación que vai á aldea de Retuerto. Neste cruce sinalizado (1.320 m), seguimos o ramal da dereita que é o que nos vai levar a polo Val de Rabanal.
O camiño sobe suavemente un tramo ata a seguinte bifurcación, onde collemos o ramal da dereita. Agora temos unha baixada bastante pendente que zigzaguea polo faial abaixo seguramente por un tramo do máis fermoso da ruta.
Rematada e acusada pendente, vamos saíndo do bosque cara ao Val de Rabanal. Temos varios desvíos e pasamos xunto a unha caseta refuxio por camiño claro é evidente. Agora estamos na derradeira parte da ruta, recorrendo o Val de Rabanal cunha grande tradición gandeira.
O val é digno de admirar, desde o que aparece o pico Yordas, unha montaña espectacular da Serra de Riaño. Pasamos xunto a unha fonte e rematado o val, chegamos á altura da estrada onde hai un cartel informativo sobre a ruta dos Vales de Mirva e Rabanal. Uns metros máis adiante cruzamos a estrada para entrar en Burón onde agarda o autobús.