Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta 2001

010617 Fuente De - Torre de los Horcados Rojos

Enlaces á : wikiloc / fotos / pdf castelán  SITUACIÓN : Camaleño (Cantabria) PUNTO DE PARTIDA : Fuente Dé (1.078 m) ACCESO : Na estrada N-634, en Unquera , desviámonos a Potes e Fuente Dé HORARIO : 8/9 h                       DESNIVEL : 1.428 m                  MAPAS : I.G.N. – 81 – I – 56 – III DIFICULTADE : Alta                TIPO DE RUTA : Ida e volta       DISTANCIA : 16 km DESCRICIÓN DA RUTA : Saímos de Fuente Dé adentrándonos por uns lameiros logo de pasar unha portiña a esquerda do Parador Nacional. De seguido tomamos contacto cunha pista que seguimos e na primeira curva á esquerda, abandonámola para seguir por unha corredoira que atravesa toda a pendente cara dereita. O camiño revólvese nos primeiros derrubes da rocha entrando á esquerda nunha zona menos pendente ocupada en parte por un pedreiro que cae da C...

010616 Urdón - Tresviso

Enlaces á : wikiloc / fotos / pdf castelán   ACCESO : Na estrada N-634, en Unquera , desviámonos a Potes e Fuente Dé . HORARIO : 5h, 30 min.   ida e volta. DESNIVEL : 830 m   de subida, de baixada os mesmos. SINOPSE : Tresviso é a única aldea do concello de igual nome dos Picos de Europa , o concello máis pequeno da rexión cántabra. A súa situación illada enriba da Garganta de Urdón non permite facer un acceso a esta aldea dende a provincia á que pertence. Ten comunicación dende Asturias por unha pista asfaltada dende Sotres , os tresvisianos vivían nunha incomunicación case total. Aínda hoxe por motivos administrativos, o carteiro ten que facer esta rota que propoñemos cada vez que ten correo para os habitantes do lugar.      A principios do século XX, explotouse unha mina de zinc cerca de Tresviso , e para sacar o mineral fíxose o camiño de carro do que nos vamos aproveitar hoxe.      A travesía de Sotres a Tresviso , e despois a Urd...

011028 Devesa de Rogueira

Enlaces a:  wikiloc  /  fotos   /  pdf castelán   SITUACIÓN : O Courel (Lugo) PUNTO DE PARTIDA : Moreda (700 m) ACCESO : Na nacional VI, no porto de Pedrafita , collemos a estrada que vai a Sarria e no alto de Hospital a que vai a Seoane do Courel . No lugar de Ferrería Nova collemos a pista que vai a Moreda . HORARIO : 6/7 h                     DESNIVEL : 650 m                               DISTANCIA : 14 km DIFICULTADE : Media           TIPO DE RUTA : Circular                     MAPA : I.G.N. – 157 – I SINOPSE : Esta é unha das mellores rutas de sendeirismo do Courel . Parte da Aula da Natureza de Moreda e chega atravesando unha dura subida a un dos mellores montes de Galicia . Toda a dureza desta ruta está...

010413 Val do Rao

Enlaces a:   wikiloc  /  fotos   /  pdf castelán   ACCESO : Na estrada N-VI, en Becerreá , coller a estrada de Navia de Suarna e unha vez alí seguir en dirección as terras irredentas de Asturias e a 6 kms de Navia de Suarna , xusto ao pe da desembocadura do río Rao no Navia , atópase o inicio da ruta. HORARIO : Estímase un tempo mínimo de entre 8 e 9 horas (24 kms.). DESNIVEL : A cota mínima é de 280 m. e a cota máxima situase en 780 m. DESCRICIÓN DA ROTA : No lugar de Río de Pé , confluencia dos ríos Navia e Rao , comeza a Ruta de Val do Rao , magnífico e longo percorrido por unha paisaxe de baixa e media montaña, que nos asombrará pola sua singular beleza e espectacularidade.      O antigo camiño, que ate os anos sesenta constituíu a vía de comunicación para unha ducia de aldeas, lévanos á primeira delas, á aldea de Envernallúas . Alí, xunto aos horreos, balconadas e restos do que foron as pallozas, respiramos toda a maxia e...