270924 Tuc de Parros
Enlaces a: wikiloc / fotos / pdf castelán
SITUACIÓN: Val d´Arán (Lleida)
PUNTO DE PARTIDA: Pla de Beret (1.846 m)
ACCESO: Desde Vielha pola estrada C-28 ata Baqueira, onde se colle a estrada que sobe á estación de esquí de Beret.
HORARIO: 6/7 h DESNIVEL: 1.000 m DISTANCIA: 17 km
DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Circular
COTA MÍNIMA: Es Escalers (1.768 m) COTA MÁXIMA: Tuc de Parrós (2.731 m)
MAPA: Val d´Arán 1:40.000 de Editorial Alpina
SINOPSE: Este é un percorrido interesante, con esforzo nalgún tramo de subida, que se ve compensado de sobra polas amplas vistas que nos ofrece desde o cume e o cordal de baixada. Un circuíto de alta montaña sen máis problemas que o desnivel e a distancia a salvar.
DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos do aparcadoiro do Plan de Beret en dirección nordeste pola pista de terra que baixa en dirección a Montgarri pola marxe esquerda do río Noguera Pallaresa. Cando levamos uns tres quilómetros andados, a pista xira á dereita camiño de Montgarri, e xusto, enfronte temos a cabana de Parrós cara á cal nos diriximos, abandonando a pista.
Camiñamos agora en dirección norte polo chan de Eth Horcalh ata a xuntanza dos regos Ribera d´Orla e Vernatar. Á esquerda queda a cabana de Horcalh, seguindo agora en dirección oeste con o rego Vernatar á nosa dereita e tamén unha ponte que non hai que cruzar.
Logo de camiñar xunto ao rego un tramo, deixamos este camiño balizado para coller un ramal á esquerda comezando unha forte subida, sobre todo no primeiro tramo. Esta subida remata na Passada d´Estanh Nere (2.623 m), situada ao sur este do cume.
Unha subida polo empinado cordal da montaña, cun pequeno tramo rochoso final, chegamos ao cume Tuc de Parrós.
Desandamos uns metros para seguir a liña de cordal cara ao suroeste con o lago Estanh Nere de Parrós á nosa esquerda.
A baixada faise agora polo val en dirección leste seguindo o leito do río Parrós ata as ruínas da cabana de Gavatxos (1.910 m) onde comezamos a separarnos do río camiñando en dirección sur ata entroncar con a pista pola que saímos.