270923 Espitau de Vielha - Tuc deth Port de Vielha - Lac Redon - Lac d'Arrius - Espitau de Vielha

 Enlaces a: wikiloc / fotos / pdf castelán

 

SITUACIÓN: Vielha e Mijarán e Naut Arán (Lleida)

PUNTO DE PARTIDA: Espitau de Vielha (1600 m)

ACCESO: Desde Vielha pola estrada N- 230. O punto de partida está xusto no remate do túnel.

HORARIO: 6/7 h                            DESNIVEL: 1.500 m                      DISTANCIA: 15 km

DIFICULTADE: Alta                       TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Espitau (1600 m)                      

COTA MÁXIMA: Tuc deth Port de Vielha (2605 m)

MAPA: Val d´Aran 1: 40.000 de Editorial Alpina

SINOPSE: Espectacular ruta de montaña, por zona protexida, con fermosas e amplas vistas, pasos axudados con cadeas e dous lagos de orixe glaciar. Hai que ter moito en conta a forma física e saber andar pola montaña para realizar esta ruta.

DESCRICIÓN DA RUTA: A camiñada comeza xunto ao antigo hospital de Vielha collendo a pista con un letreiro que indica a entre outros a Tuc de Molieres, polo que camiñamos uns 800 m onde na bifurcación, onde hai un poste con indicacións,  collemos o ramal da dereita comezando unha empinada e tortuosa costa.

            Agora en dirección norte o GR 211.5 sobe polo Barranc deth Porth facendo innumerables zigzags para despois xirar levemente á esquerda. Pasamos por diante de antigos túneles militares e un bunker, logo do cal, o camiño xira á dereita en dirección ao Port de Vielha (2438 m).

            Camiñamos agora pola chamada Travessa de Carlos, con o Tuc de Montoliet e Tuc de Montanéro a nosa esquerda. Temos uns tramos onde existen unhas cadeas para facilitar o paso e así chegar ao Port de Vielha (2444 m) onde existe un letreiro nun poste de madeira que o indica e outro bunker. Deixamos o GR 211.5 para seguir subindo en dirección sur leste ata acadar o cume de Tuc deth Port de Vielha (2605 m) que nos amosa unha fermosa panorámica de 360º, sendo o punto máis alto deste recorrido.

            Desde este pico podemos ver o Macizo de Maladeta, o Aneto, o encoro de Senet, Mauberne e o Lac Redón cara o que nos diriximos.

            Baixamos pola lomba ata entrar noutro carreiro tamén moi tortuoso que nos vai levar á beira do Lac Redón, de orixe glaciar situado a unha altura de 2234 m. Camiñamos con o lago á nosa esquerda ata o seu remate e comezaremos, xirando á dereita, unha forte pendente ata o alto de Coret deth Estanh Redon (2387 m), desde o que xa podemos ver de fronte o Estanh de Rius.

            De novo as panorámicas son impresionantes. Seguimos o carreiro ata o lago que tamén deixaremos á nosa esquerda camiñando pola beira ata o seu remate.

            Aquí collemos o GR – 11 e baixamos polo fermoso Val de Conangles ata o punto de inicio.

                       

 

Publicacións populares deste blog

NOVAS

260914 Madotz - Irañeta

260916 Circular Midí d'Ossau