270922 Circular ao Estany Sant Maurici

 Enlaces a: wikiloc / fotos / pdf castelán

 

SITUACIÓN: Parc Nacional d´Aigüestortes i Estany Sant Maurici

PUNTO DE PARTIDA: Aparcament Estany de Sant Maurici (1.918 m) 

ACCESO: Desde Espot en taxis 4x4 ata o aparcadoiro xunto ao lago. 

HORARIO: 3 h                   DESNIVEIS: 300 m de subida / 860 m de baixada                       

DISTANCIA: 15 km            DIFICULTADE: Media       TIPO DE RUTA: Circular 

COTA MÍNIMA: Punto de saída (1.940 m)  COTA MÁXIMA: Cruce Barranc de Portarró (2.180 m)

MAPA: Parc Nacional d´Aigüestortes i Estany de Sant Marici 1:25.000 de Editorial Alpina

SINOPSE: Pallars Sobirá, Pallars Jussá, Alto Ribagorça e Val d´Arán son catro comarcas que conteñen unha das zonas mellor conservadas e de maior fermosura dos Pirineos: o Parque Nacional d´Aigüestortes i Estany Sant Maurici.

            Visitar estas paraxes sempre foi un obxectivo dos montañeiros e por iso, nesta zona existen refuxios que facilitan as travesías por este Parque.

            Esta ruta transita pola comarca Pallars Sobirá e posiblemente o Estany Sant Maurici xunto con os cumes xemelgos de Els Encantats sexan os referentes máis rechamantes do Parque. 

DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos a camiñada desde o aparcadoiro do lago seguindo unha pista que vai ata o primeiro muro do lago xunto ao cal camiñamos ata a o muro da presa. Desde esta podemos, dando un pequeno rodeo achegarnos ao refuxio Ernest Mallafré e desde este seguimos o camiño pasando xunto a unha árbore declarada monumental por ser un exemplar único, un abeto branco.

            O camiño volve á beira do lago nun pequeno tramo para internarse no bosque e afastándose do lago progresivamente. Cruzamos o Barranc Soubenuix por unha ponte de madeira (1.980 m) e seguimos subindo ata un claro desde o que temos vistas do lago. O camiño segue en constante subida ata a ponte que cruza o Barranc de Portarró (2.180 m) punto máis alto deste percorrido. Agora, por zona despexada seguimos ata o Mirador de l´Estany (2.174 m) ao que chegamos desde o camiño principal nun tramo curto de ida e volta.

            Proseguimos o camiño sen apenas desniveis ata entroncar con a pista (2.151 m), xunto á Estanyola de Ratera, que sobe do Estany Sant Maurici camiño do refuxio de Amitges. Este é o GR – 11 polo que transitaremos ata Espot.

            Desde este punto temos 1,6 km ata o refuxio de Amitges (2.364 m), situado nun fermoso lugar sobre o Estany Gran de Amitges, desde o que volvemos polo mesmo camiño.

            Si decidimos non seguir ata o refuxio de Amitges, na pista xiramos á dereita pasando de seguida xunto ao Estany de Ratera que nos quedará á nosa esquerda. A pista segue baixando e segundo cruzamos o desaugue do lago pola Pont do riu  Ratera, deixamos a pista para coller á dereita un carreiro que baixa polo monte chegando ao miradoiro da fervenza do río Ratera, á que nos podemos achegar un pouco máis abaixo.

            Desde este carreiro temos unhas vistas impresionantes dos cumes xemelgos de Els Encantats. Continuamos a baixada ata a beira do Estany Sant Maurici xunto ao que camiñamos ata o primeiro muro da presa.

            Pasamos xunto á unha fonte e seguimos pola parte baixa do muro seguindo o GR – 11. A nosa dereita queda a ermida de Sant Maurici e un pouco despois entroncamos coa pista que baixa do aparcadoiro superior. Seguimos por ela nun primeiro tramo ata que aparece a sinal do GR que seguimos.

            Máis abaixo volvemos a cruzar a pista xunto á Ponte de Pallers para seguir o GR camiño do refuxio de Pla de la Font. Despois dun tramo chegamos a unha bifurcación onde o ramal da dereita baixa a o aparcadoiro de Prat Pierró, ignoramos esta desviación e seguimos de fronte un tramo máis ata que chegamos a outra bifurcación onde collemos o ramal da dereita que vai a Espot.

 O camiño segue en baixada atravesando o río Escrita pola ponte de Suar (1.465 m), e a partir de aquí seguiremos a pista de aceso ao Estany Sant Maurici. Á nosa esquerda queda o cámping Riu Gelat é un pouco máis abaixo entramos en Espot (1.320 m).           

 

 

 

Publicacións populares deste blog

NOVAS

260914 Madotz - Irañeta

260916 Circular Midí d'Ossau