221217 De Cueva Huerta a San Martín

 Enlaces a:  wikiloc  /  fotos  /  pdf castelán

SITUACIÓN: Teverga (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Cueva Huerta (680 m)

ACCESO: Desde Trubia seguindo a AS – 228 que pasa por San Martín de Teverga.

HORARIO: 3 h                       DESNIVEL: 150 m de subida / 350 m de baixada

DISTANCIA: 8 km                  DIFICULTADE: Baixa            TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: San Martín (450 m)                                     COTA MÁXIMA: Presorias (837 m)

MAPA: I.G.N. – 77 – I

SINOPSE: A un lado, o Parque Natural de Somiedo, no outro o Parque Natural de Las Ubiñas – La Mesa. Teverga é sinónimo de natureza e outra maneira de gozala é esta ruta de sendeirismo. Unha ruta que se pode facer en calquera época do ano.


DESCRICIÓN DA RUTA: Desde Cueva Huerta sae unha pista en leve subida cara ao poboado medieval de Presorias (837 m), hoxe composto de praderías e cabanas.

Os poboados de Presorias e San Vicente aparecen citados en documentos do século XII como aldea e pequeno mosteiro.

Neste lugar, entroncamos con o camiño que ven de La Fociella, onde collemos á dereita, e comezamos a baixar cruzando pouco despois o regato de El Regueiro.

Camiñamos paralelos ao río Páramo sen cruzalo en ningún momento, pasando polo lugar de Souto, pertencente a San Salvador onde se atopa o Parque da Prehistoria.

Neste lugar cruzamos o río de La Magdalena é a pista que sobe a Barrio e a Torce. O camiño de fácil andar cruza tamén o rego de La Pumariega aparecendo de seguida á nosa dereita o lugar de Riello.

Máis adiante, na zona de Las Vegas, temos que cruzar a estrada AS – 228 seguindo paralelo á mesma por ramais secundarios entrando así en San Martín.

Publicacións populares deste blog

NOVAS

260914 Madotz - Irañeta

260916 Circular Midí d'Ossau