210417 Megalitos del Padrún

 Enlaces a:   wikiloc  /  fotos  /  pdf castelán

 

SITUACIÓN: Aller (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Boo (420 m)  

ACCESO: Desde Moreda pola AS – 112 (2,5 km desde Moreda)

HORARIO: 4/5 horas           DESNIVEL: 800 m                       DISTANCIA: 15,5 km

DIFICULTADE: Media       TIPO DE RUTA: Circular             MAPA: I.G.N. – 53 – III – 78 – I

COTA MÍNIMA: Boo (420 m)                                                    COTA MÁXIMA: Padrún (1 195 m)

SINOPSE: Parte desta ruta discorre baixo a serra de Ranero, sendo a ladeira que cae sobre Moreda máis moderada que a que baixa cara ao val de Lena, dando lugar a terrazas onde se asentan as brañas e prados.

DESCRICIÓN DA RUTA: En Boo comezamos a andaina saíndo pola pista que vai a Bustiyé. Neste lugar, xiramos á dereita é logo de pasar a fonte comezamos a subida cara ao alto de El Padrún. A pista sobe pola antiga zona mineira chamada Quentu Marianes por onde comezamos a ganar altura cara a Quentu Cazurrín e pouco despois internámonos no bosque de faias de El Faillín, onde se suaviza a pendente do camiño e proseguimos ata chegar a La Carrera.

    Comezamos unha subida que nos leva ata Quentu Les Cruces onde nos desviamos á esquerda para ir a ver os Megalitos de El Padrún, unha necrópolis da época Neolítica.

    Volvemos os nosos pasos ata o cruce anterior para coller o camiño chamado Vía de la Carisa que nos leva á Majada Espines, onde existe un bo miradoiro é unha fonte sen auga. O camiño segue por debaixo do pico Ranero, ao que podemos subir con pouco esforzo para ter unhas vistas impresionantes das Ubiñas, a serra do Aramo o concello de Lena por un lado e o de Mieres polo outro, Oviedo e todo Aller por outro.

    Logo de baixar ao camiño que traíamos, seguimos pola zona de La Campa, Los Fueyos, L´Acebal e Las Cruces, onde xiramos á dereita para dirixirnos a Boo pola zona de La Provia, comezando unha baixada ata a praza do lugar.

Publicacións populares deste blog

NOVAS

260914 Madotz - Irañeta

260916 Circular Midí d'Ossau