200118 Ruta de La Castañal

 Enlaces a:  wikiloc  /  fotos  /  pdf castelán

 

SITUACIÓN: Belmonte de Miranda (Asturias) 

PUNTO DE PARTIDA: Belmonte de Miranda (200 m) 

ACCESO: Desde a autoestrada A-8 coller a saída 421 en dirección a Pravia. Seguimos ata o cruce de Cornellana onde a estrada que vai a Cangas de Narcea ata San Martín de Lodón. Aquí collemos a estrada que sobe ao porto de Somiedo. 

HORARIO: 4/5 horas                     DESNIVEL: 700 m                          DISTANCIA: 15 km 

DIFICULTADE: Media                   TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Belmonte (200 m)         MAPA: I.G.N.- 51 – II 

COTA MÁXIMA: Tramo na saída de San Matín de Ondes (900 m) 

SINOPSE: Ruta de montaña polo concello de Belmonte, percorrendo o PR.-AS-  144. O sendeiro de pequeno recorrido discorre entre Belmonte de San Martín de Ondes, subindo por un bosque de castiñeiros e enlazando  con  o Camín Real de La Mesa ata Dolia e baixa polo val de Cuovasil.

            Son antigos camiños empedrados case todo o tempo, habendo tamén un par de tramos de asfalto. Nas poboacións hai fontes onde podemos coller auga, incluso en Dolia parece que hai un bar.

DESCRICIÓN DA RUTA: A ruta comeza en Belmonte (200 m) para cruzar o río por unha ponte de ferro e coller paralelo ao río por riba das casas. A pista é cómoda e vai cara ao cercado dos lobos, onde había tres exemplares en cautividade.

            Pola pista, de vez en cando,  hai carteis indicadores explicando o que imos vendo como o pico Cervera, regatos etc. A pista continúa sen apenas desnivel paralela ao río Pigüeña ata chegar a unhas cadras onde un cartel marca o desvío do GR -205 cara a Pola de Somiedo e o PR.-  AS- 144 cara a San Martín de Ondes, que é o que collemos.

            Unha vez que deixamos a pista xunto ao río, collemos un sendeiro, o que era un antigo camiño empedrado, entre castiñeiros que son os que dan nome a ruta. Agora a subida é continua sen ningún descanso, polo que deberemos collelo con calma. Por tramos aparecen restos do camiño empedrado mentres imos pasando xunto a algúns restos de cabanas pasando tamén unha ponte sobre un regato.

            O camiño non ten perda e así pouco a pouco chegamos a Ondes entrando xunto á Fonte de Sifones, con auga fría e algunha ortiga. En Ondes xa non vive ninguén, abrindo algunha casa os fins de semana.

            Desde Ondes arranca outro sendeiro que nos saca uns metros por encima da estrada que vai a San Martín, a que evitamos por un sendeiro que sae á esquerda, para inmediatamente coller un desvío á dereita. De esta maneira, non damos o rodeo que supón ir a San Martín de Ondes.

            Saímos a pista asfaltada que vai en á zona de La Corredoria onde arranca un novo camiño polo que discorre o GR – 101, e que nos levará por un traxecto moi enlamado ata Dolia.

            Deste fermoso lugar, desde La Calea, sae o antigo camiño de Belmonte. Comezamos a baixada en dirección noroeste, deixando á dereita varias pistas de terra, chegamos a Cuovasil, antigo pobo pertencente ao mosteiro de Stª Mª de Lapedo, hoxe utilizado como braña; ten fonte e un antigo lavadoiro de pedra que deixamos á nosa esquerda. Retrocedemos un pouco para volver ao camiño que sae por riba dunha cancela metálica; o camiño bordea a finca para achegarse logo ao rego de Cuovasil, cuxa cunca seguimos durante máis dun quilómetro por unha forte pendente.

            Seguimos polo camiño que bordea o Picu Cervera pasando da vertente sur a vertente norte, ata Tabláu e desde aquí por estrada chegamos a Belmonte polo barrio de Los Caleyos.

            Pico Cervera (887 m) 

            Para subir ao pico Cervera, saímos de Dolia seguindo o camiño de baixada descrito na ruta norma ata que o camiño fai unha curva á esquerda. Neste punto temos que abandonalo para seguir en dirección norte ata alcanzar unha pista que seguimos ata a primeira curva á dereita. Aquí abandonamos este curto tramo de pista seguindo un ramal, menos importante, cara á esquerda         que pasa xunto a unha cabana. O sendeiro cruza a crista do pico El Castiechu, que tamén podemos subir, e pasa ao outro val dando vista ao fácil pico Cervera.  A baixada facémola en dirección sur por este pequeno val ata enlazar con o sendeiro de baixada da ruta da Castañal.


Publicacións populares deste blog

NOVAS

260914 Madotz - Irañeta

260916 Circular Midí d'Ossau