180217 Pico Cascayón

 Enlaces a:   wikiloc  /  fotos  /  pdf castelán

 

SITUACIÓN: Aller (Asturias) León

PUNTO DE PARTIDA: collendo o desvío pola AS-253, que vai ao porto de San Isidro e dous quilómetros máis aló temos o comezo da rota

HORARIO: 5/6 horas             DESNIVEL: 800 m         DISTANCIA: 12 km

DIFICULTADE: Media            TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Ponte de Wamba (1.450 m) COTA MÁXIMA: Cascayón (1.951m)

MAPAS: I.G.N. – 79 – I – II – III

DESCRICIÓN DA RUTA: Preto do porto de San Isidro en dirección a Puebla de Lillo, temos unha ponte sobre do regato Gavitos, xunto á que sae unha pista en dirección norte que vai subindo suavemente á dereita do val de Wamba entre praderías.

    Esta ruta que se supón de orixe romano, foi máis tarde aproveitada polos arrieiros que, en ambos sentidos, transportaban produtos das súas comarcas e que comunicaba a terra leonesa de Venta de San Isidro coa asturiana de La Felguerina.

Tras un recanto, esta cómoda subida achéganos a un cimbro chamado Acebal que se atopa a 1.730 m de altitude despois de camiñar durante hora e cuarto. Esta zona é o límite entre as comunidades de Asturias con Castela e León.

    Desde o Collado Acebal baixamos uns metros xirando en dirección oeste, subindo logo, ata o Collado Trave (1.778 m). Neste lugar temos que valorar a subida ao Cascayón, dependendo da dureza da neve pódese precisar crampóns e piolet. A ruta logo, continúa desde o Collado Trave en dirección suroeste seguindo a liña de cimeira sendo o cume El Arenal (1.885 m) o seguinte que pasamos. A ruta prosegue na mesma dirección encarando a subida ao pico Valmartín (1.932 m). Desde aquí seguimos a mesma dirección uns setecentos metros para xirar cara ao sur, agora todo en baixada ata o aparcamento da estación de esquí.

Publicacións populares deste blog

NOVAS

260914 Madotz - Irañeta

260916 Circular Midí d'Ossau