160917 Pico Turbina

 Enlaces a: wikiloc / fotos / pdf castelán

 

SITUACIÓN: Sierra del Cuera (Peñamellera Alta) Asturias 

PUNTO DE PARTIDA: Collado Cruz – Arangas (400 m) 

ACCESO: Estrada AS – 345 que une Arenas de Cabrales con Niserias por Alles 

HORARIO: 6/7 horas            DESNIVEL: 915 m                          DISTANCIA:  20 km 

DIFICULTADE: Media          TIPO DE RUTA: Travesía                MAPA: I.G.N. 32 – III 

COTA MÍNIMA: Collado Cruz (400 m)      COTA MÁXIMA: Pico Turbina (1.317 m) 

SINOPSE: A serra de El Cuera é un impresionante murallón calizo con vertentes moi verticais e separada do mar entre cinco e nove quilómetros, sendo o máis longo dos cordais costeiros de Asturias. Ten a súa máxima cota no sector central onde o pico Turbina (1.345 m) pertencente ao concello de Peñamellera Alta, é a máxima altitude.

    Outros cumes relevantes son Cabeza Ledesma (1.234 m); Cabeza Bubena (1.199 m); Liño (1.177 m); Peña Blanca (1.176 m), pico Haba (1.162 m) o pico Corona, o Paisano e o Jana, xa por debaixo dos mil metros de altitude.       

DESCRICIÓN DA RUTA: No Collado Cruz (400 m), divisoria dos concellos de Cabrales e Peñamellera Alta collemos unha pista de terra que sobe polas abas da serra de El Cuera amosándonos fermosas vistas sobre o val de Alles situado entre as serras do Cuera e Juan Robre. Máis arriba acadamos Trebes, unha pradería cercada con muro de pedra (650 m) abandonado aquí a pista que vai cara ao nordeste onde existía unha antiga mina.

    A ruta desvíase en sentido oposto por un sendeiro debuxado entre breixos e pedras soltas, achegándonos ao cimbro Sellón, encrucillada de camiños con outro que ven de Arangas. O sendeiro suca pola costa con sucesivas revoltas polo chamado Canal del Gobiu que remata na terraza da Concha Gobiu (1.070 m). O camiño prosegue, logo de pasar unha cancela de ferro, con un desnivel máis suave entre breixos faldreando a base do pico Llacia, pola beira oriental do mesmo.

    Vemos á nosa dereita unha lagoa artificial  e máis aló a braña Piedra del Oso, con unha ruta alternativa ao Turbina. O sendeiro vai ladeira arriba esquivando as pedreiras do Turbina (1.345 m) empoleirándonos no dobre cume onde se levanta unha caseta e un fito.

    A medio camiño dos dous cumes partimos en dirección leste por zona herbosa esquivando todos os buratos que imos atopando cara ao pico Ledesma que deixamos á nosa dereita, para seguir cara ao pico Haba (1.162 m). Camiñar por esta zona é un auténtico calvario, buratos e cristas todo seguido, temos que mirar continuamente onde poñemos os pés para evitar algún contratempo, e un sobe e baixa é continuo. Atopamos outra braña totalmente destruída e o sendeiro segue a ser de incómodo andar.

    O camiño cara ao Liño (1.177 m) é un pesadelo, pasamos pequenos vales e buratos, todo iso por sendeiro cuberto de mato e pedras. Subimos polo lado oeste desta zona caótica e baixamos polo lado contrario. De fronte temos o pico Ubricario pero baixamos cara ao sur  pola braña do Liño en dirección  á braña de Abanielles. Desde aquí vamos en dirección leste par evitar uns resaltes rochosos, logo viramos cara ao oeste para chegar as cabanas de Doña Toba. A partir de aquí o camiño colle unha clara dirección oeste pasando pola seguinte braña de Llabándames onde conectamos cunha pista que todo en baixada nos deixa en Alles (263 m).

 

Publicacións populares deste blog

NOVAS

260914 Madotz - Irañeta

260916 Circular Midí d'Ossau