160521 Cordal de La Segá - Valle de Cuna

 Enlaces a:   wikiloc  /  fotos  /  pdf castelán

 

SITUACIÓN: Mieres (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Área recreativa de El Cantu - Cenera (300 m)

ACCESO: Desde a autoestrada A – 66 coller a saída 50 para seguir pola rúa El Encauce ata a estrada local MI – 4 que vai a Vistrimir.

HORARIO: 4/5 horas           DESNIVEL: 500 m                    DISTANCIA: 12 km

DIFICULTADE: Media         TIPO DE RUTA: Circular            MAPA: I.G.N. – 53 – III

COTA MÍNIMA: Área recreativa de El Cantu (300 m)

COTA MÁXIMA:Campa del Tíu Vicente (790 m)

SINOPSE: Os cordais de Cuba e Segá, así como a Sierra de Diego e a Sierra de Gallegos confinan o fermoso Valle de Cuna.

DESCRICIÓN DA RUTA: A ruta comeza na área recreativa de El Cantu (300 m), á entrada de Cenera. Ao chegar ao barrio de El Molín abandonamos a estrada para seguir por un camiño carreteiro á nosa esquerda que, vai gañando altura en dirección a Foz.

    Esta suave subida que non presenta problemas, menos en épocas de choiva onde existe unha grande lameira. Uns metros antes de chegar á casaría de Foz (500 m) a ruta xira á dereita, esta vez, salvando un bo desnivel en dirección a Pandillu.

    O amplo camiño, agora en chan, métese nunha zona de carballos volvendo a subir pola Carba de Foz dende a que temos unha extensa panorámica. Máis adiante, nun claro do bosque, aparecen as cadras de Pandillu (600 m) onde existe unha fonte chamada Argaxu, situada á esquerda do camiño.

    O sendeiro prosegue en sentido occidental por riba dos prados de La Mortera de Vistrimir ata chegar a un cerrado que temos que salvar para acadar un cruceiro de camiños (755 m) na divisoria entre Mieres e Lena. Neste lugar, collemos en dirección norte seguindo a pista que ven do Alto de la Segá en dirección ao Cordal de Cuba. Temos a ruta correcta ben sinalizada, e por ela seguimos cara ao Collau Pandu (706 m). Camiñamos por esta pista dende a cal temos vistas sobre os vales que cerran estas montañas. Deixamos á nosa esquerda unha pista que baixa a aldea de La Cuba seguindo de fronte o cordal.

    Así chegamos á Campa del Tíu Vicente (790 m) onde colleremos á dereita e, uns metros máis adiante volvemos a xirar á dereita para coller a pista que baixa a Villar de Gallegos. Neste curto treito temos dúas fontes antes de chegar a dito lugar. Villar de Gallegos (480 m) está situado nun outeiro comunicado co Cenera por unha estrada asfaltada que seguimos ata o punto de inicio na área recreativa de El Cantu.

Cumes do Cordal de La Segá ata o Picu Llosoriu

Pasado uns metros o Collau Pandu (706 m) deixamos o camiño principal para seguir de fronte pola liña de cumes. O primeiro que temos que pasar é o pico Cuitu (858 m) para baixar de novo ao camiño principal a altura da Campa del Tíu Vicente (790 m). Aquí de novo abandonamos o camiño principal, que vira á dereita, para seguir de fronte, de novo pola liña de cumes, para pasar polo pico Carba (871 m) baixando de novo á pista principal. Camiñamos por ela deixando dous ramais á esquerda e logo de pasar o segundo, abandonamos a pista e seguimos de fronte pola liña divisoria. Temos á vista o Llosorio (1.000 m) que subimos sen ningunha dificultade.

A baixada facémola en dirección ao leste pasando xunto á capela Virgen Pastoral cara ao Collado Pozabal. Uns metros antes deste cimbro (762 m), xiramos á dereita para coller unha pista que baixa a Cangas de Arriba e logo a Cenera.

Publicacións populares deste blog

NOVAS

260914 Madotz - Irañeta

260916 Circular Midí d'Ossau