100822 Faial de La Biescona

Enlaces a: wikiloc / fotos / pdf castelán

SITUACIÓN: Colunga (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Casa Julia (200 m)

ACCESO: Na estrada que une Colunga con Arriondas a través do Mirador del Fitu. Casa Julia está a uns 3 km de Loroñe.

HORARIO: 2 hDESNIVEL: 480 mDISTANCIA:

DIFICULTADE: Baixa TIPO DE RUTA: Ida e volta MAPA: I.G.N. – 30 II

SINOPSE: A Biescona é o faiedo máis próximo ao mar de toda a costa de Asturias. Situado nas abas da serra do Sueve, sobe polo rego da Viescona ata a braña de Bustacu constituído un espazo natural de gran interese medioambiental. Faias, castiñeiros, acivros e teixos conforman unha rica flora na que conviven unha gran variedade de aves e mamíferos.

Raposos, xabarís, corzos, gamos e o singular cabalo da montaña, o asturcón, así como torcás, cárabos, abutres e outras moitas aves podemos contemplar neste privilexiado lugar.

DESCRICIÓN DA RUTA: Xunto a Casa Julia (200 m), collemos á dereita por unha pista forestal que nos leva a unhas cadras que teremos que pasar sorteando unha cancela de madeira. A partir de aquí a pista sobe entre eucaliptos, aínda que por sorte, axiña son substituídos por castiñeiros, acivros e espiños.

Ao chegar a un depósito de auga, o camiño bifúrcase, collemos o ramal da dereita e atravesamos unhas ruínas dunha explotación mineira (300 m), totalmente cubertas por hedras e musgos que lle dan un fantástico e máxico aspecto.

O val vaise estreitando a medida que subimos, desaparecendo o camiño polo que seguimos polo regato que case non ten auga. O sendeiro descorre sinuoso entre grandes rochas que forman un desfiladeiro ata que aparece á dereita en forte subida un espectacular faial en cuxo remate podemos contemplar un magnífico exemplar desta árbore en forma dun paraugas.

A partir deste punto suavízase a pendente do sendeiro atravesando un pequeno bosque de acivros e aparecendo fermosas praderías que nos acompañarán ata a braña de Bustacu (680 m).

A volta podemos facela ata o miradoiro de El Fitu.

Publicacións populares deste blog

NOVAS

260914 Madotz - Irañeta

260916 Circular Midí d'Ossau