100516 Puertos de Marabio

 Enlaces a:  wikiloc  /  fotos  /  pdf castelán

SITUACIÓN: Yernes y Tameza e Teverga (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Casa de Don Pablo (950 m)

ACCESO: Dende a estrada que sobe ao porto Ventana, en Entragu sae unha pista con dirección a Hedrada, pasamos a entrada do lugar e seguimos á dereita en dirección a Tameza ata a casa de Don Pablo.

HORARIO: 4/5 horas                         DESNIVEL: 650 m                     DISTANCIA: 9 km

DIFICULTADE: Baixa / Media         TIPO DE RUTA: Circular             MAPA: I.G.N. – 52 - III

SINOPSE: Esta é unha ruta de media montaña que nos permite, con unha sinxela camiñada, percorrer un dos espazos protexidos menos coñecidos do Principado de Asturias, gozando de espléndidas vistas tanto das montañas que rodean este espazo como do desfiladeiro de Valdecerezales.


DESCRICIÓN DA RUTA: Dende a casa de Don Pablo (950 m),camiñamos pola estrada en dirección a Tameza uns metros collendo o antigo camiño Francés que sae a nosa dereita dirixíndose cara ao Norte por riba dunha lomba. Ao comezo o camiño, embarrado en días de choiva, pasa entre fincas cercadas de paredes. Máis adiante o camiño convértese en sendeiro pasando polo medio dun pequeno e fermoso bosque de acivros aínda que, nas voltas de Cuviellas, retoma o piso empedrado.

Chegamos así ao cimbro de Tambaina vendo, desde este lugar a lagoa do mesmo nome. Seguimos á esquerda superando pola ladeira Este cara ao cume do Caldoveiru (1.354 m) que nos vai amosar excelentes vistas a pesar da súa modesta altitude. Cara ao Norte temos Villabre e Fojó, mentres que, en días despexados a vista alcanza o mar Cantábrico e a cidade de Xixón. Cara ao Oeste está o cordal de Pena Manteiga e os cumes principais de Somiedo ao Sur; e a serra do Aramo e o macizo de Ubiña sitúanse ao Sureste e Leste, respectivamente.

Comezamos a baixada camiñando ao Leste entre acivros, bordeando a lagoa polo Norte, entroncando así co camiño Francés que se dirixe ao noroeste baixando a Proaza. Abandonamos este camiño para subir, cara ao Leste, o cume do Mostachal (1.331 m) que deixamos para baixar pola ladeira en dirección Sur, bordeando unha gran formación kárstica polo Leste para logo subir ao pico Pelau (1.352 m).

Toca agora baixar en dirección Suroeste ata un cimbro dende o que observamos unha magnífica panorámica dos Puertos de Marabio. Temos a opción de baixar a estrada dende este lugar, pero tamén, a de seguir cara ao Sur para, aproveitando a ocasión, subir tamén ao pico Lobiu (1.363 m), que alcanzaremos sen demasiados problemas.

Dende este cume, a vista do desfiladeiro de Valdecerezales e vertixinosa, con as aldeas de Fabar e Santa María situadas enriba do precipicio.

Descolgámonos agora en dirección suroeste chegando a un cimbro dende o cal descendemos pola pendente ladeira en dirección noroeste chegando así a estrada, pola que camiñaremos ata o lugar do comezo da ruta.

Publicacións populares deste blog

NOVAS

260914 Madotz - Irañeta

260916 Circular Midí d'Ossau