030913 Fuente De - Poncebos (Travesía con pernoita en Vega de Urriellu)
Enlaces a: wikiloc / fotos / pdf castelán
SITUACIÓN: SITUACIÓN: Macizo Central de Picos de Europa (Urrieles)
Camaleño (Cantabria ) Cabrales (Asturias)
ACCESO: Na estrada N-634 en Unquera collemos a que vai a Panes, Potes e Fuente Dé
HORARIO: 9 horas en 2 días
DESNIVEIS: 510 m. de subida / 2.126 de baixada.
DIFICULTADE: Media (só polo incómodo andar) TIPO DE ROTA: Travesía
DESCRICIÓN DA ROTA (1º día): Saímos de Fuente De, en teleférico (5 minutos) ou andando pola Canal de Jenduda (2 horas), ata o Mirador del Cable. Unha vez neste lugar non podemos seguir sen volver a vista atrás para admirar o val de Fuente De e a agreste Peña Remoña.
Se subimos en teleférico (o mais probable), proseguimos o camiño por unha pista dende a mesma estación en dirección norte ata unha bifurcación. Aquí temos unha pista a dereita que vai a Áliva, pero nós seguimos pola esquerda, cara ao interior do macizo. Este camiño atravesa uns pedreiros que caen da parede occidental de Peña Olvidada ata outra bifurcación con unha curva cerrada xunto a unha grande rocha. E La Vueltona, a pista da esquerda servía para comunicar con as minas de Altaiz, hoxe abandonadas, pero nosoutros proseguimos de fronte por un sendeiro ben marcado entre os pedreiros que caen de Peña Vieja. O sendeiro vai gañando altura comodamente en zigzag ata situarnos debaixo da rechamante Aguja de Bustamante. Debaixo deste afiado penedo temos outro cruce de camiños, o da dereita diríxese cara ó Collado de la Canalona que vai a Peña Vieja mentres que o da esquerda é o que nos leva cara a Horcados Rojos, atravesamos unha pequena depresión que se abre na base da espectacular parede sur da Torre de los Horcados Rojos, situados na vertente oposta.
Antes de iniciar a subida ate o collado, pasamos por cerca de Cabaña Verónica, refuxio situado nun dos paraxes mais agrestes dos Urrieles.
Dende o Collado de los Horcados Rojos podemos contemplar nunha excelente vista o Naranjo de Bulnes e outros cumios da vertente Norte do macizo, mais con unha pequena trepada alcanzamos a Torre de los Horcados Rojos (2.506 m.) dende a que se goza dunha espléndida vista de toda a Rosa dos Ventos.
O Collado de los Horcados Rojos é un dos pasos máis altos e transitados do macizo por ser unha das entradas cara ao Naranjo de Bulnes ou Picu Urriellu. Atravesamos cara a dereita (E), por debaixo da Torre de los Horcados Rojos (vertente norte), seguindo un sendeiro que nos leva a un cable. Este cable, suxeito con varios cravos, facilita a baixada ao Jou de los Boches, sinalando ademais o mellor camiño. E o tramo da rota mais difícil e tamén perigoso debido a posible caída de pedras orixinadas polos propios camiñantes.
Unha vez no fondo do jou, temos que atravesalo cara a súa saída natural (N), a Garganta de Jou de los Boches e pasar a un novo jou, o Jou sin Tierre. O sendeiro flanquea agora esta grande depresión pola dereita (E) e alcanza a súa garganta norte tras uns curtos pasos sobre da rocha. Dende este cimbro, a vista da cara oeste do Picu Urriellu e impresionante. Ao seu pe, descansa a Vega de Urriellu e o refuxio do mesmo nome ao cal chegamos sen maiores traballos.
DESCRICIÓN DA ROTA (2º día): Despois dun ¿merecido? descanso comezamos a andaina desta segunda e fácil xornada por ser toda en descenso, exenta de perigo.
Non temos mais que coller o camiño por debaixo do refuxio que vai aos invernais de El Texu. Primeiro facendo un zigzag bastante pendente para logo suavizarse e mellorar o andar. Pasamos Las Traviesas para subir un pouco cara a Collado Vallejo e logo baixar a Majada de La Terenosa, dende a cal xa vemos o Collado de Pandébano ao que non temos que chegar pois o noso camiño colle a esquerda ao traspasar a última cabana da Terenosa, cruzando un rego primeiro para seguir por un tramo de monte baixo, pasado o cal viraremos de novo a esquerda e seguimos baixando para pasar por Entremosquines.
Aquí vive Erundina a maior parte do ano, facendo queixos artesáns, nós seguimos o camiño pegados ao cerrume dun prado por camiño ben marcado.
O noso sendeiro intérnase polo medio de frondosas árbores no medio de fondas paredes con o chan esvaradío pola humidade. Así chegamos a Bulnes onde podemos facer unha parada para tomar unha cervexa e lembrarnos dos que foron a Torrecerredo e Cabrones (non lles queda nada). O camiño a partir de agora non ten perda posible e vainos levar a Poncebos a través da fermosa Canal del Tejo.
En Poncebos damos por rematada esta rota de fin de semana e esperaremos polo resto do grupo que a bo seguro será bastante tempo.
Só agardo que non sexa unha saída mais de rutina e que perdure no voso recordo largo tempo.