030309 Les Cuerries - Valle Moru - Semeldón - Sellaño
Enlaces a: wikiloc / fotos / pdf castelán
SITUACIÓN: Ponga (Asturias
PUNTO DE PARTIDA: Curva da estrada Sellaño – S. Xuán de Beleñu
ACCESO: Dende Oviedo pola autoestrada A-8, que enlaza con a estrada N-634 ata Arriondas; aquí desviámonos pola A-637, pasamos Cangas de Onís e pouco antes da aldea de Santillán collemos a AS-261 que nos leva a Sellaño
HORARIO: 7/8 horas DESNIVEL: 1.500 m DISTANCIA: 16 km
DIFICULTADE: Alta TIPO DE RUTA: Travesía
COTA MÍNIMA: Punto de saída (300 m) COTA MÁXIMA: Collada Cuadramoñu (940 m)
MAPA: I.G.N. – 54 – IV
SINOPSE: As cuerries son pequenas casetas de pedra que se utilizaban para gardar os ourizos das castañas. En galego son as ouriceiras ou corripas
DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos o camiño xusto onde o río das Cuerrias desemboca no río Ponga. Nada mais comezar temos un tramo de forte pendente con unhas escaleiras que moi axiña nos sube por enriba do río. Pasada esta primeira dificultade, o camiño tórnase máis fácil e segue en todo momento a canle do río aparecendo, espalladas polo monte, algunhas cuerries.
Vamos camiñando sempre en subida a carón do río, o cal temos que cruzar en repetidas ocasións no medio de unha paisaxe de frondosas por entre paredes de rocha verticais impoñentes.
Non podo explicar aquí cada paso que vamos a dar, só hai que seguir o río e gozar da camiñada que aínda que é ben costa, merece a pena o esforzo. Hai un tramo que o río desaparece entre as pedras, temos unhas reviravoltas e mais enriba o río volve aparecer, cruzamos por enriba duns árbores caídos e cruzamos por derradeira vez a canle do río para pasar a unha zona mais despexada pero non por iso menos costa.
Temos que ir subindo polo que se ve que foron prados cara a dereita, cruzaremos uns arames e subiremos ata o cimbro que xa miramos dende ben abaixo.
Una vez neste cimbro onde hai dúas cabanas damos vista a Valle Moru. Collemos a pista a dereita para despois de unha longa baixada atravesar o río Valle Moru e encarar a subida ata a aldea. Agora totalmente abandonada e dende sempre illada, este sitio recórdanos a Asturias antiga. Se non paramos antes, agora e o momento de repoñer forzas pois aínda queda no mellor dos casos tres horas e media de camiñada.
Deixamos Valle Moru saíndo polo punto máis alto, o Collau (762 m) polo camiño oposto ao que subimos para baixar ao regato de Livarda, o cal cruzamos e subimos a un prado. Este prado temos que cruzalo moi preto do fondo ata atopar as marcas dun sendeiro que nos levan pola ladeira de Pandellina enfronte a Valle Moru. O camiño non ten perda pois está ben marcado, solo hai que ter coidado porque e de mal andar pero en ningún momento perigoso. Atravesamos esta ladeira en toda a súa lonxitude para pasar un cimbro e cambiar de ladeira. Agora ben o tramo mais costo de baixada por entre carqueixas e restos de monte que foi queimado, onde debemos prestar atención porque o sendeiro e esvaradío e pérdese estres os arbustos pero para nada complicado volver a atopalo.
Vemos no fondo o resto dunhas casas, onde se xunta o río Valle Moru e o regato de Piedrafita, o cal temos que cruzar buscando un sitio cen metros mais enriba da súa desembocadura onde temos uns troncos atravesados na canle do río para facernos mais fácil o paso. Estamos en Semeldón, no que chaman a Estación (520 m). Aínda que pareza mentira, ata aquí chegaba un pequeno tren pola beira do río para baixar a madeira dos bosques que alí existen ata Sellaño onde se cargaba en camións para levala as minas.
Agora o tramo que nos queda e pola beira do río onde temos algúns pasos nos que poñer atención ante posibles esvaróns. Pasada unha cabana solitaria na beira do río, o camiño está en bo estado porque e o resto da caixa do tren. Seguimos ata unha bifurcación onde temos que coller para arriba en dirección a Ambingue e logo dende aquí por estrada asfaltada durante dous quilómetros e medio chegamos a Sellaño (240 m) onde nos recolle o autocar.
NOTA: A día de hoxe, a baixada de Valle Moru a Semeldón está totalmente impracticable porque está tomada polo mato.