030309 Les Cuerries - Taranes - Las Mestas
Enlaces a: wikiloc / fotos / pdf castelán
SITUACIÓN: Ponga (Asturias)
PUNTO DE PARTIDA: Curva da estrada Sellaño – S. Xuán de Beleñu (300 m)
ACCESO: : Dende Oviedo pola autoestrada A-8, que enlaza con a estrada N-634 ata Arriondas; aquí desviámonos pola A-637, pasamos Cangas de Onís e pouco antes da aldea de Santillán collemos a AS-261 que nos leva a Sellaño.
HORARIO: 6/7 horas DESNIVEL: 700 m DISTANCIA: 12 km
DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Travesía
COTA MÍNIMA: Punto de saída (300 m) COTA MÁXIMA: Collado de Taranes (1.100 m)
MAPA: I.G.N. – 54 – IV
SINOPSE: As cuerries son pequenas casetas de pedra que se utilizaban para gardar os ourizos das castañas. En galego son as ouriceiras ou corripas.
DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos o camiño xusto onde o río das Cuerrias desemboca no río Ponga. Nada mais comezar temos un tramo de forte pendente con unhas escaleiras que moi axiña nos sube por enriba do río. Pasada esta primeira dificultade, o camiño tórnase mais fácil e segue en todo momento a canle do río aparecendo espalladas polo medio do monte algunhas cuerrias .
Vamos camiñando sempre en subida a carón do río, o cal temos que cruzar en repetidas ocasións no medio de unha paisaxe de frondosas por entre paredes de rocha verticais impoñentes.
Non podo explicar aquí cada paso que vamos a dar, só hai que seguir o río e gozar da camiñada que aínda que é ben costa, merece a pena o esforzo. Hai un tramo que o río desaparece entre as pedras, temos unhas reviravoltas e mais enriba o río volve aparecer, pasamos por enriba dunhas árbores caídas e cruzamos por derradeira vez a canle do río para pasar a unha zona mais despexada pero non por iso menos costa.
Temos que ir subindo polo que se ve que foron prados cara a dereita, cruzaremos uns arames e subiremos ata a Collada Cuadramoñu (940 m) que xa miramos dende ben abaixo.
Una vez neste cimbro onde hai dúas cabanas temos a vista Valle Moru. Os mais andadores irán a dereita por ese camiño para baixar a Ambingue e Sellaño.
Os demais ao chegar as cabanas, paramos a coller folgos e comer, logo collemos a pista a esquerda para despois de pouco tempo situarnos no Collado de Llués (1.100 m). Estamos mesmo debaixo da impresionante Peña de Taranes, podemos ver a Llambria que visitamos en días pasados e tamén temos fermosas vistas mirando ao leste, do pico Pierzu e Picos de Europa con a Torre de Santa María como cume máis relevante. Dende aquí o camiño xa e moi fácil e vai levándonos case sen desnivel ata outro cimbro que temos que pasar. E o Collado Taranes (1.100 m) situado enriba desta aldea e dende o cal, o camiño que nos resta primeiro por pista de formigón e logo de asfalto e todo por unha costa abaixo de forte pendente.
Podemos facer unha parada en Taranes (580 m) onde existe unha cantina e logo de botar unha ollada a aldea proseguimos por un carreiro que pasa pola braña de Los Verdineses, que nos vai levar á pista asfaltada que baixa a carón do río Taranes, xa preto de Las Mestas (380 m).