270327 Los Pilones - Garganta de Los Infiernos

 Enlaces a: wikiloc / fotos / pdf castelán 

 

SITUACIÓN: Valle del Jerte (Cáceres) 

PUNTO DE PARTIDA: Área de caravanas entre Cabezuela del Valle e Jerte. 

ACCESO: Pola estrada N – 110 que sobe ao porto de Tornavacas.

HORARIO: 5/6 h                            DESNIVEL: 580 m              DISTANCIA: 16  km 

DIFICULTADE: Media                   TIPO DE RUTA: Circular 

COTA MÍNIMA: Punto de saída (550)        COTA MÁXIMA: Collado de Las Losas (960 m) 

MAPA: Valle del Jerte (Editorial Alpina) 

SINOPSE: Esta rota discorre pola Reserva Natural Garganta de los Infiernos, recentemente nomeado reserva, no que hai que ter o máximo respecto coa natureza e o entorno. Todas as estacións teñen o seu interese: paisaxe na primavera, verán e outono, baños nos Pilones no verán, paisaxe de neve no inverno e máximo caudal do río pola garganta en outono e primavera. 

DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos no aparcadoiro cruzando o río Jerte para dirixirnos ao  Centro de Interpretación xunto ao campamento Carlos V. A partir de aquí o camiño está ben sinalizado, polo que non ten perda, e transita por chan ben acondicionado.

            Camiñamos a través dun exuberante bosque de carballos por zona moi sombreada ata que chegamos aos Pilones, unha serie de pozas escavadas no leito do  río pola auga, lugar de moi bo acceso e moi frecuentado por estas pozas espectaculares.

            Atravesamos o río por unha ponte (670 m) para seguir subindo remontando a garganta atopando a cada paso pequenas pozas e pequenos saltos de auga a cada cal máis fermoso.

            Camiñamos agora con o río á nosa esquerda xunto a unha fonte, e máis arriba, de novo outra fonte, a Fuente del Chorro (746 m). Aparece axiña, á nosa esquerda a ponte do Sancristán e un refuxio de pescadores ao outro lado do río.

            Tamén queda á nosa esquerda as ruína dun antigo muíño e un pouco máis adiante a confluencia dos regos Arroyo de los Tres Cerros con o Garganta del Collado de Las Yeguas. Aquí temos a ponte Vado Cantares pola que atallaríamos un treito da ruta.

            Seguimos agora a canle deste último para cruzalo máis arriba pola ponte de El Carrascal (1.020 m). Unha vez cruzada a ponte, o camiño sigue un tramo este rego pola outra marxe, para ir afastándose cara a un refuxio de montaña, pasando antes xunto á fonte de Los Zarzalones.

            Xunto ao refuxio, o camiño xira á dereita pasando xunto á fonte Robledo Hermoso e máis adiante a confluencia de carreiros pola que ven o atallo da ponte Vado Cantares. O camiño baixa ata cruzar o rego de Los Tres Cerros pola Ponte Nova ou Ponte de Carlos V. Unha vez cruzado este rego comezamos a subir en dirección oeste pasando xunto a outra fonte (920 m) para seguir entre piñeiros ata o Collado de las Losas (960 m). Cruzamos unha pista para seguir monte abaixo, agora con forte pendente, pasando xunto á fonte de La Jarandilla (847 m). Estamos no monte El Reboldo onde temos unha bifurcación (754 m). O camiño da dereita vai á localidade de Jerte, así que seguimos pola esquerda. Atopamos a fonte de La Pedrera (663 m) a un quilómetro do remate da ruta.

 

Publicacións populares deste blog

NOVAS

260914 Madotz - Irañeta

260916 Circular Midí d'Ossau