270326 Villarreal de San Carlos - Salto del Gitano - Castelo de Monfragüe - Fuente La Parra

 Enlaces a: wikiloc / fotos / pdf castelán

 

SITUACIÓN: Parque Nacional de Monfragüe

Concellos: Serradilla e Torrejón El Rubio (Cáceres)

PUNTO DE PARTIDA: Villarreal de San Carlos (320 m) 

ACCESO: Desde Plasencia pola estrada EX – 208 

HORARIO: 5/6 horas                     DESNIVEL: 570 m             DISTANCIA: 15,5 km 

DIFICULTADE: Media                   TIPO DE RUTA: Ida e volta - circular 

COTA MÍNIMA: Ponte do Cardenal (220 m)                COTA MÁXIMA: Castelo (464 m) 

MAPAS: I.G.N. – 623 – III – 651 – I 

SINOPSE: Entre os valores ambientais que atesoura o Parque están a existencia de 845 especies de fauna, entre elas 210 aves ou 453 bolboretas distintas. Segundo o último censo de aves de especial interese, dispón de 312 parellas de abutre negro, a maior colonia de España; 96 parellas de miñato real; 33 de alimoche; 26 de cegoña negra; 14 de aguia imperial e 8 parellas de aguia real e aguia perdigueira. Con respecto á flora Monfragüe conta cunha amplísima representación do que é o bosque mediterráneo, con 1.616 especies vexetais, 229 fungos macroscópicos e 201 liquens. 

DESCRICIÓN DA RUTA: A ruta comeza en Villarrela de San Carlos saíndo en dirección sur por un camiño que marca os itinerarios vermello e amarelo, pasando por diante dunhas cabanas tradicionais.

            Uns metros máis adiante, a ruta amarela desvíase á esquerda, mentres que a vermella segue en baixada pola antiga Cañada Real ata o leito do río Taxo, que cruzamos pola ponte do Cardenal. A camiñada segue por unha pista pola que chegamos á Casa de Peóns Camiñeiros, lugar onde se aparta o camiño que sobe pola Umbría. O carreiro pasa por detrás da casa, e aínda que non é obrigatoria para ir ao castelo, ben merece a pena.

            O camiño sobe pola Umbría pasando pola fonte La Parra e o miradoiro. O percorrido entre sobreiras e carqueixas é moi agradable levándonos en baixada ata a fonte de El Francés. Un pouco antes de chegar á fonte, atopamos o camiño que sobe ao castelo, polo que subimos ata chegar ao Castelo de Monfragüe, de orixe árabe e bo miradoiro sobre o río Taxo e o Salto del Gitano.

            Baixamos pola solaina, por pista asfaltada, entre acebuches e aciñeiras. Pasamos por diante do lugar onde existen pinturas rupestres chegando así ao aparcadoiro situado xunto á estrada EX – 208.

            O camiño segue paralelo á estrada, pola marxe dereita, pero temos que cruzar ao outro lado antes de chegar ao Salto del Gitano.

            O Salto del Gitano é un impresionante cortado de cuarcita polo que o río Taxo cruza a serra. Nas súas rochas podemos ver abutres leonados, cegoñas e alimoches, dependendo da época do ano.

            Despois do miradoiro, a camiño apártase da estrada continuando xunto ao río. Á altura da Ponte Nova, volvemos a cruzar a estrada chegando á Fonte do Francés desde a que volvemos a Villarreal atravesando pola ponde do Cardenal e polo camiño que xa coñecemos.

 

Publicacións populares deste blog

NOVAS

260914 Madotz - Irañeta

260916 Circular Midí d'Ossau