270326 Miradoiro de Las Tajadillas
Enlaces a: wikiloc / fotos / pdf castelán
SITUACIÓN: Parque Nacional de Monfragüe
Concellos: Serradilla e Torrejón El Rubio (Cáceres)
PUNTO DE PARTIDA: Villarreal de San Carlos (320 m)
ACCESO: Desde Plasencia pola estrada EX – 208
HORARIO: 3 h DESNIVEL: 390 m DISTANCIA: 9,5 km
DIFICULTADE: Baixa TIPO DE RUTA: Circular – ida e volta
COTA MÍNIMA: (240 m) COTA MÁXIMA: Villarreal de San Carlos (320 m)
MAPA: I.G.N. – 623 – IV
SINOPSE: Relaxante e fermosa ruta que discorre dentro do Parque Nacional de Monfragüe na que atravesamos verdes devesas e gozaremos do bosque mediterráneo onde atoparemos aciñeiras, sobreiras, carbas, amieiros, salgueiros, freixos, zambuxeiros, xaras e xestas ata o miradoiro onde poderemos ver o voo de voitres.
DESCRICIÓN DA RUTA: A andaina comeza en Villarreal de San Carlos, onde solo teremos que seguir as sinais amarelas que comezan detrás dunhas chozas estando moi ben sinalizada.
Ao pouco de comezar chegamos a unha área recreativa onde atoparemos unha das árbores singulares do parque, trátase dun enorme almezo, logo chegaremos á primeira fonte, a do Alisar e máis tarde á dos Tres Caños, por último ao miradoiro de La Tajadilla.
A volta facémola polo mesmo camiño ata un desvío, xa moi preto do pobo, onde collemos unha pista forestal que nos achega á Villarreal pasando xunto a unha pequena lagoa.