270326 Cerro Jimio

 Enlaces a: wikiloc / fotos / pdf castelán

 

SITUACIÓN: Parque Nacional de Monfragüe

Concellos: Serradilla e Torrejón El Rubio (Cáceres) 

PUNTO DE PARTIDA: Villarreal de San Carlos (320 m)

ACCESO: Desde Plasencia pola estrada EX – 208 

HORARIO: 3 h                              DESNIVEL: 285 m                         DISTANCIA: 7,5 km

DIFICULTADE: Baixa                    TIPO DE RUTA: Circular – ida e volta 

COTA MÍNIMA: Ponte do rego Malvecino (206 m)                 

COTA MÁXIMA: Cerro Jimio (374 m) 

MAPA: I.G.N. – 623 – III

DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos dese a parte alta de Villarreal, xunto á estrada por un camiño ancho de terra que logo duns oitocentos metros deixamos para seguir por  un carreiro á esquerda percorrendo a ladeira esquerda do rego Malvecino.

            Cruzamos un pequeno rego por unha ponte e un pouco máis adiante tamén cruzamos o rego Malvecino por outra ponte. Logo de cruzar por esta ponte subimos uns cincocentos metros ata o cruce (292 m) con o GR – 113 que segue cara a Serradilla.

            Neste punto, xiramos á esquerda para seguir con a subida que nos levará ao alto deste outeiro logo de camiñar outros oitocentos metros e subir outros oitenta.

            No cume existen os restos dunha atalaia romana desde a que podemos gozar de espectaculares e fermosas vistas do Salto del Gitano,  o Taxo e os regos de Barabaón e Malvecino.

             Baixamos de novo á base deste outeiro temos dúas opcións de volta a Villarreal; unha por onde viñemos e outra remontando a ladeira dereita do rego Malvecino.

            Esta última é a que imos facer, remontando pola marxe dereita do rego chegamos a unha ponte de pedra, collendo un camiño  con chanzos de madeira que sobe levándonos ao tramo superior e máis chan do rego. Neste punto volvemos ao GR – 113 compartindo un cacho o mesmo percorrido ata chegar a unha ponte de pedra e un parque de merendas.

            Seguimos un tramo chan pola pista collendo máis adiante un carreiro á esquerda que nos vai levar ao camiño de ida, xa moi preto de Villarreal.

 

Publicacións populares deste blog

NOVAS

260914 Madotz - Irañeta

260916 Circular Midí d'Ossau