270216 Collanzo - Cuérigos - Llamas - Yanos - Collanzo

 Enlaces a: wikiloc / fotos / pdf castelán

 

SITUACIÓN: Aller (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Collanzo (520 m)

ACCESO: A Collanzo chégase collendo a A-66 sentido León ata a saída de Ujo onde colleremos a AS – 253 que sobe ao porto de San Isidro

HORARIO: 4 h                     DESNIVEL: 430 m              DISTANCIA: 10,5 km

DIFICULTADE: Baixa        TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Collanzo (475 m)           COTA MÁXIMA: Alto do cordal (950 m)

MAPA: I.G.N. – 78 – II 

SINOPSE: Esta ruta segue as sinais do PR-AS 264 con trazo moi ben sinalizado pola faldra da serra de La Zorra que nos levará por brañas, casaríos e bosques autóctonos.

DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos a camiñada en Collanzo pola estrada AE – 6 dirección Casomera - Rioaller. Esta primeira parte da ruta, 2,2 km, ata Llamas será por estrada asfaltada.

            Uns metros antes do cemiterio deixamos a estrada collendo á esquerda rumbo leste internándonos na aldea e deixando atrás a igrexa de San Xoán el Real, declarada Ben de Interese Cultural. Xusto aquí atopamos un cartel indicativo da ruta PR – AS – 264.

            Subimos pola parte leste deste núcleo chagando a unha abundante fonte (590 m) onde podemos coller auga. A subida segue rumbo leste chegando ao rego que baixa de Piedra Vieja. Neste punto viramos cara ao nordeste, cruzamos o rego e despois dun tramo chan por pista, aumenta a pendente na que collemos o primeiro cruce á esquerda por riba dunha cadra (660 m).

            Seguimos subindo pasando xunto á Llaguna (680 m) e pouco despois temos que coller un desvío á esquerda chegando así a L´Escuyu (820 m). Aquí temos unha bifurcación na que collemos á dereita un tramo curto pero moi pendente. Logo suavízase a pendente que nos leva polo camiño bordeando a parte alta dos prados.

            Pouco despois, nunha curva pechada á dereita, nós seguimos de fronte por terreo chan tendo á vista El Praón (850 m). Nesta zona temos boas vistas de Cuérigo e o val, antes de pasar por Picolaina e dar vista ao val de San Isidro.

            Aquí deixamos a pista, xusto por riba dunha cadra entrando no monte de Les Porqueres (890 m), fermoso bosque autóctono. Seguimos en chan con lixeiras subidas ata un paso entre rochas, punto máis alto deste percorrido (950 m.).

            Neste punto comeza a baixada facendo uns zigzags que da paso a un tramo enlamado. Ao remate, xiramos á esquerda para pasar xunto as cabanas de La Forca (880 m). Desde aquí o camiño colle máis inclinación pasando pola casaría La Casa´l Medio (790 m) logo da cal volvemos a coller a pista forestal. Seguimos baixando uns cen metros onde temos que xirar á esquerda tendo vistas xa á localidade de Yanos.

            O camiño pasa enfronte a Yanos pero non cruzamos o río senón que seguimos o Camín de Lende que nos levará a Collanzo cunha traza chan polas veigas do río San Isidro deixándonos na estrada entre Cuérigo e Collanzo.

 

Publicacións populares deste blog

NOVAS

260914 Madotz - Irañeta

260916 Circular Midí d'Ossau