270116 Ruta do Ferro
Enlaces a: wikiloc / fotos / pdf castelán
SITUACIÓN: O Incio (Lugo)
PUNTO DE PARTIDA: A Ferrería (660 m)
ACCESO: Desde a estrada CG – 2.2 que vai de Lugo a Monforte, á altura de Bóveda coller a LU – 644 cara a O Incio. Aquí cóllese a LU – 642 ata A Ferrería.
HORARIO: 4/5 horas DESNIVEL: 400 m de subidas / 540 m de baixadas
DISTANCIA: 14 km DIFICULTADE: Baixa TIPO DE RUTA: Travesía
COTA MÍNIMA: Biduedo (480 m)
COTA MÁXIMA: Miradoiro de Pena Escrita (817 m)
MAPAS: I.G.N.- 156 – I – II
SINOPSE: Nesta ruta poderemos admirar o contraste entre a dureza e austeridade dos montes e dos vales. En poucos quilómetros de percorrido descubriremos especies florais de distintas influenzas climática e multitude de antigas minas de ferro.
DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos en A Ferrería (660 m) camiñando pola estrada en dirección ao Incio uns metros. Collemos a primeira pista que sae pola nosa esquerda que vai ao antigo balneario situado xunto ao rego de Augas Rubias.
Seguimos o camiño, deixando ao noso paso fermosas paisaxes e multitude de especies autóctonas, cando chegamos a primeira mina: Mina do Bouzallo de San Miguel, situada fronte ao miradoiro de Pena Escrita (817 m), dende o que podemos ver unha ampla panorámica.
Cruzamos o rego de Cavadoso e trescentos metros máis adiante, á esquerda, temos a segunda mina, a Mina do Couso xunto cunha fonte do mesmo nome. Á esquerda sae un carreiro que da acceso ao foxo de Lobos de Monteagudo e ao seu miradoiro, situado na parte alta desta singular construción, a uns catrocentos metros.
É unha antiga tampa usada para controlar a poboación desta especie cando supoñía unha ameaza para o gando. Dous muros duns douscentos metros de largo discorren ata confluír nun pozo artificial.
Unha vez feita esta visita, volvemos polo mesmo camiño que vai facendo curvas adaptándose aos continuos vale que forman estes pequenos regos. No quilómetro seis, está a Mina de Fonte Barrosa, a última explotada nesta zona, situándose moi preto a Mina da Tinta (780 m) situada preto do leito do Rego de Covelas.
Entre os vales formados polo Rego de Covelas e o Rego de Vales está a Mina de Avión (800 m) e, un pouco máis adiante atópase outro fermosos miradoiro, o de Pena do Chao, situado no Monte de Santa Bárbara, desde o que se divisa unha gran panorámica.
A partir deste punto comeza un tramo de ruta na que non hai outra mina, ata o final do percorrido. É neste punto final onde podemos ver, á nosa esquerda, a derradeira destas minas chamada Cova das Cholas.
Así chegamos a Biduedo onde damos por rematada esta travesía.