250614 Ruta do Silencio

 Enlaces a:  wikiloc  /  fotos  /  pdf castelánRuta do Silencio


SITUACIÓN: Vilanova d´Oscos (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: San Cristóbal (748 m)

ACCESO: Pola estrada AS – 11 que vai de Vegadeo a Pesoz. Na Ponte de Penacova, temos que coller unha pista á esquerda onde hai un indicador das rutas: Ruta de La Bobia e Ruta del Silencio. Desde aquí a San Cristobal hai 3 km.

HORARIO: 4/5 h                 DESNIVEL:                                             DISTANCIA: 12,5 km

DIFICULTADE: Meida       TIPO DE RUTA: Circular                       MAPA: I.G.N. – 25 – IV

COTA MÍNIMA: Ponte sobre o río Ahío (480 m)     COTA MÁXIMA: Braña Balongo (800 m)

SINOPSE:

DESCRICIÓN DA RUTA: En San Cristóbal (748 m.), sitio onde atopamos numerosas mostras de arquitectura popular en estado puro, temos que cruzar pasando xunto da capela, lugar dende o cal podemos ver o val do río da Bobia polo cal vamos camiñar.

O sendeiro baixa a través dun fermoso bosque de castiñeiros, carballos e borrachiños, atopándonos con exemplares de todas as idades, acompañados de numerosas corripas, cruzando o regato Telapena e máis abaixo o río da Bobia (480 m.) a través dunha ponte de arco con as beiras reparadas. Agora temos un tramo chan pola beira do río que pasa xunto as ruínas dun antigo muíño onde comeza a subida cara á aldea abandonada de Mourelle (580 m.). O camiño pasa por debaixo dunha plantación de piñeiros no medio da cal atópase Mourelle, sitio onde podemos facer unha parada para recuperar folgos, pois o camiño segue en subida ata a Braña Balongo (800 m.).

A Braña Balongo ten ó fondo, moi por encima do río, uns penedos os que nos podemos achegar para dende alí contemplar as fermosas vistas que nos depara. De fronte as aldeas abandonadas de San Cristóbal, o Picón e a Bobia, no fondo, o val do río da Bobia no medio dun espeso bosque.

Proseguimos en chan por un camiño que vai bordeando o regato do Calvario ou da Valonga para cruzalo pasando unha portiña e despois dunha pequena subida coller unha pista en bo estado que sen desniveis apreciables nos vai levar ata Brusquete (770 m.) Esta é outra aldea abandonada, das moitas que hai nos Oscos, ten algunhas casas en pé e varios trobos. Seguimos a pista que pasa pola parte alta da aldea ata o seu remate onde pasamos outra portiña. A partir de aquí o carreiro baixa freneticamente, debemos ter coidado de non esvarar, buscando a canle do Bobia (550 m.), pero un pouco antes do río temos un desvío que nos leva, en cinco minutos, á fervenza de Celón.

Cruzamos o río Ahío por unhas pedras e logo máis adiante temos que cruzar outro regato pero xa por unha pontiña de madeira.

Unha vez cruzado o río pola ponte de madeira, temos outra opción para ver a fervenza de Picón a que podemos visitar nun percorrido de ida e volta dun quilómetro.

O lugar e verdadeiramente fermoso, onde parece que a man do home nunca cambiou nada, pero as ruínas do muíño da Bobia, dinos que non foi así. De calquera maneira o sitio faise grandioso, no medio dun bosque de árbores enormes que nos fan sentirnos nun escenario de conto.

Dende aquí, o camiño sobe facendo varias revoltas e vainos levando ata San Cristóbal .


Publicacións populares deste blog

NOVAS

260914 Madotz - Irañeta

260916 Circular Midí d'Ossau