240616 Cabo Vilán - Tasaraño

De Cabo Vilán a Tasaraño

                                                                      Enlaces a:  wikiloc  /  fotos  /  pdf castelán

SITUACIÓN: Camariñas (A Coruña)

PUNTO DE PARTIDA: Cabo Vilán

ACCESO: Uns 5 km desde Camariñas pola Estrada do Faro

HORARIO: 5/6 horas         DESNIVEL: 200 m                         DISTANCIA: 16,5 km

DIFICULTADE: Baixa         TIPO DE RUTA: Travesía              MAPAS: I.G.N. – 67 – II – 68 – I

COTA MÁXIMA: Ermida da Virxe do Monte (56 m)

SINOPSE: Esta é posiblemente a etapa con menos desniveis do Camiño dos Faros. Nela percorreremos toda a ría de Camariñas, cunhas paisaxes máis suaves e fermosas aldeas ata Tasaraño, onde daremos por rematada esta etapa.


DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos do faro de Vilán polo carreiro que discorre entre a piscifactoría e o mar. Continuamos o camiño pola zona de A Coenda é ao chegar á altura do campo de fútbol collemos un desvío á dereita para ascender polo Monte Farelo e chegar á ermida da Virxe do Monte. Desde a ermida baixamos de novo á beira do mar para pasar pola praia de Lago camiñando cara ao faro da Villueira onde existen os restos dunha fortificación chamada a Batería do Soberano.

Máis adiante pasamos xunto ás ruínas do Castelo para entrar polo centro de Camariñas, ao lado do porto pesqueiro.

Cruzamos o lugar polo paseo marítimo saíndo pola estrada de acceso á vila ata a praia de Area da Vila. Aquí deixamos a estrada para seguir polo paseo que pasa por diante do hotel Playa de Camariñas cara a praia de Lingunde onde entramos na enseada da Basa tendo que camiñar, máis tarde, outra vez pola estrada ata a Ponte de Trasteiro. Aquí deixamos a estrada para bordear a enseada da Basa polo lado contrario ata chegar á desembocadura do río Grande.

O camiño chega ata a praia de Ariño onde xa non podemos remontar máis pola beira e teremos que saír á estrada novamente, chegando así ao restaurante O Airiño en Tasaraño, dando por rematada esta sinxela camiñada.

Publicacións populares deste blog

260914 Madotz - Irañeta

190813 Circular Ibón de Acherito - Subida ao Mallo a Ralla