230406 Arredondo. Nacemento do río Asón
SITUACIÓN: Arredondo e Soba (Cantabria)
PUNTO DE PARTIDA: Arredondo (164 m)
ACCESO: Deixamos a A – 8 a altura de Solares para coller a CA – 261 que a través do porto de Las Alisas vai a Arredondo.
HORARIO: 3/4 horas DESNIVEL: 360 m de subidas . TIPO DE RUTA: Travesía
DISTANCIA: 11 km DIFICULTADE: Baixa MAPA: I.G.N. – 59 – II – IV
COTA MÍNIMA: Arredondo (164 m) COTA MÁXIMA: Fervenza Cailagua (500 m)
SINOPSE: Esta ruta percorre o tramo alto do Valle de Asón por recunchos pintorescos que pasan desapercibidos desde a estrada, rematando ao pé da espectacular fervenza de Cailauga, nacemento do río Asón cunha caída vertical duns 70 m.
Logo, ben merece a pena subir ata o alto do porto para seguir esta travesía e ver o nacemento e os espectaculares miradoiros do río Gándara.
DESCRICIÓN DA RUTA: Partimos de Arredondo pola estrada en dirección a Riva. Xusto ao cruzar a ponte sobre o río Asón temos un desvío á dereita cun indicador a Rocías. Collemos esa pista pola que camiñamos uns metros para en seguida desviarnos á dereita, collendo un camiño que nos vai achegando ao río.
O camiño recorre a marxe dereita do río, entre prados e cabanas, ata saír de novo á estrada en Puente Nuevo. Cruzamos a estrada para coller un camiño que de novo baixa ata a beira do río polo que seguimos ata que atopamos unha ponte pola que cruzamos a outra marxe do río.
O camiño que prosegue pola marxe esquerda, entre prados e cabanas, atravesando despois unha explanada de grandes faias e, logo dun anaco, volve a pasar á outra beira vadeando o río, para seguir entre unha espesa mancha de vexetación de espiños e abruños.
Así saímos a un prado, dando vistas á dereita ao sonoro nacemento do Asón, a fervenza de Cailagua.
Saímos á estrada, xunto a unha cerrada curva desde a que, pola dereita pódese subir á parte superior da fervenza, por un estreito e aéreo carreiro (non sinalizado) que chega ata a emerxencia, da que depende do caudal a espectacularidade da caída da auga.