211218 Seimeira de Vilagocende
Enlaces a: wikiloc / fotos / pdf castelán
SITUACIÓN: A Fonsagrada (Lugo)
PUNTO DE PARTIDA: A Fonsagrada (950 m)
ACCESO:
HORARIO: DESNIVEL: DISTANCIA:
DIFICULTADE: TIPO DE RUTA: MAPA: I.G.N. – 74 – I – II
COTA MÍNIMA: Seimeira (340 m) COTA MÁXIMA: A Fonsagrada (950 m)
SINOPSE: A seimeira de Vilagocende é unha fervenza de caída libre no río da Porteliña, preto do lugar de Vilagocende, entre as parroquias de San Martín de Suarna e Cereixido. Trátase dunha das fervenzas de maior caída das que hai en Galiza, cuns 50 metros de altitude
DESCRICIÓN DA RUTA: Esta ruta comeza na Praza de España da Fonsagrada para seguir pola estrada de Vilagocende collendo máis adianta á dereita pola Rúa Antonio Fraguas ata as inmediacións do depósito da auga onde xiramos á esquerda pola rúa Mesón.
Axiña deixamos esta rúa para coller unha pista que pasa xunto ao campo de fubol que con bo trazado nos levará ata a aldea de Aldomán. O noso camiño pasa agora por Vilarón onde xiramos á esquerda para coller un carreiro en baixada que nos achegará ao río Porteliña é a Seimeira de Vilagocende.