210116 Fraga Vella

 Fraga Vella

Enlaces a: Wikilok  /  fotos  /  pdf castelán

SITUACIÓN: Mondoñedo (Lugo)

PUNTO DE PARTIDA: Estelo (500 m)

ACCESO: Indo de Ribadeo, deixar a estrada N – 634 para coller a LU – 160 uns metros en dirección a Alfoz - Ferreira para abandonala de seguida collendo á esquerda a estrada que sobe a Estelo.

HORARIO: 5/6 horas         DESNIVEL: 600 m              DISTANCIA: 17 km

DIFICULTADE: Baixa         TIPO DE RUTA: Circular      MAPA: I.G.N. – 24 – I

COTA MÍNIMA: 500 m (Estelo)                                       COTA MÁXIMA: Pena Montol (794 m)


SINOPSE: Esta ruta circular discorre por camiños e pistas de terra da ZEC Serra do Xistral, espazo natural de grande interese ambiental e paisaxístico. O camiño móstranos unha extensa área montañosa con poucas aldeas, gando pacendo, bosque que aínda conservan acivros, plantacións de piñeiros e un importante ecosistema de turbeiras.


DESCRICIÓN DA RUTA: Esta andaina comeza no aparcamento situado xunto ao cemiterio de Estelo, en dirección norte uns metros por pista asfaltada. No primeiro cruce, deixamos o asfalto para seguir de fronte pola ancha pista que sobe en dirección norte e logo de varias voltas segue en dirección oeste.

Chegamos a outro amplo cruce onde comeza o sendeiro circular da Fraga Vella onde collemos pola pista da esquerda. Camiñamos por ela uns oitocentos metros ata que atopamos un sendeiro que sae pola esquerda en moderada pendente polo medio dos piñeiros.

O carreiro é agradable de andar, con continuos sube e baixa, pasando preto dunha longa turbeira. Nun tramo de subida cruzamos unha pista asfaltada, que da servizo ao parque eólico, e baixamos pola outra marxe. Cruzamos varios regatos por pontes de madeira ata que comeza a subida a Pena Montol.

Unha vez arriba, baixamos uns metros ata onde temos dúas opcións. A máis larga sería baixar de fronte polo bosque en dirección as Veigas. Non se chegaría a este lugar porque temos que xirar cara ao leste as veces por fraga e outras por pistas en dirección a Os Agros.

Logo de pasar este lugar, a ancha pista lévanos a un cruce onde xiramos á dereita baixando ata o río que atravesamos por unha ponte. Logo de pasar a ponte, temos unha cancela á dereita pola que entramos para seguir en dirección sur cara a unhas edificacións que podemos ver. Entroncamos con a pista da ruta circular, que seguimos á esquerda uns metros para de seguida, coller un carreiro á dereita que sobe polo medio do piñeiral pasando xunto a outra grande edificacións.

Seguimos as marcas que nos van levar á pista principal pola que viñemos ao primeiro, pola que seguimos á esquerda ata o aparcadoiro do cemiterio de Estelo.

Publicacións populares deste blog

260914 Madotz - Irañeta

260916 Circular Midí d'Ossau