190921 Costa da Vela

 Costa da Vela

                                                                                   Enlaces a:  Wikiloc  /  fotos  /  pdf castelán

SITUACIÓN: Península de O Morrazo (Cangas de O Morrazo) Pontevedra

PUNTO DE PARTIDA: Donón (60 m)

ACCESO: A Donón chégase dende a AP – 9, antes da Ponte de Rande, collendo a CG- 4.1 ata a EP – 1006 en Donón.

HORARIO: 4 horas             DESNIVEL: 300 m                  DISTANCIA: 12 km

DIFICULTADE: Baixa         TIPO DE RUTA: Circular         MAPAS: I.G.N. – 222 – II – 223 – I

COTA MÍNIMA: Praias (0 m) COTA MÁXIMA: Monte Facho (184 m)


SINOPSE: Entre as rías de Vigo e Pontevedra, no punto máis occidental da península do Morrazo, atópase a Costa da Vela. Este é un mundo virxe no que o mar e os piñeiros son os donos da paisaxe, sendo aquí as vistas dunha beleza espectacular.

A ruta proposta pola Costa da Vela, levaranos a gozar de fermosos recunchos entre os que se atopan os famosos faros que protexen a entrada á ría de Vigo, estreitos carreiros preto dos cantís, praias de area branca e as espectaculares Illas Cíes.


DESCRICIÓN DA RUTA: Para facer este percorrido temos que unir varios sendeiros e camiños rurais, andando así polas paisaxes e lugares de máis interese da zona.

Comezamos en Donón, xunto á coñecida escultura da Caracola, onde temos as primeiras vistas das Illas Cíes á nosa esquerda e da Illa de Ons pola dereita. Contemplar a posta do sol desde este lugar e sinxelamente impresionante.

Seguimos a camiñada por unha pista ancha que discorre, durante dous quilómetros, paralela á costa, en dirección ao Cabo Home. Neste tramo podemos atoparnos con algún vehículo, sobre todo no verán, pero temos un camiño habilitado para peóns e ciclistas. As vistas fanse máis impresionantes, con as Cíes sempre presentes e os cantís, que en algún tramo superan os cen metros de altura, espectaculares.

Chegamos á zona dos faros, onde nos desviamos da pista principal para seguir por carreiros que van preto dos cantís, posiblemente o tramo máis fermoso de todo o percorrido, con as olas batuxando ós nosos pés e as illas ao fondo. Paseniñamente vamos achegándonos ata o faro do Cabo Home, pasando antes xunto a Furna de Basaduriños, unha cova feita polo mar.

O Cabo Home é o punto do continente máis preto das Illas Cíes, uns dous quilómetros, onde nos agarda un faro escorreito construído no ano 1.853, con 18 m de altura e unha luz que alcanza os 12 km.

Uns cincocentos metros máis aló, chegamos ao faro de Punta Robaleira, xunto ao cal destaca unha cruz de pedra rememorando ao mariñeiro Pepe Ruíz.

Publicacións populares deste blog

260914 Madotz - Irañeta

190813 Circular Ibón de Acherito - Subida ao Mallo a Ralla