180915 Cuernón de Peña Sagra

 













Enlaces a: wikiloc / fotos / pdf castelán

SITUACIÓN: Cabezón de Liébana (Cantabria)

PUNTO DE PARTIDA: Somaniezo (690 m)

ACCESO: En Potes coller a estrada a Piedrasluengas, pouco despois de Frama hai un desvío á esquerda para entrar no val de Aniezo, seguimos a estrada ata o seu remate en Somaniezo.

HORARIO: 4 / 6 horas           DESNIVEL: 650 / 1.370             DISTANCIA: 12 / 17 km

DIFICULTADE: Media / Alta TIPO DE RUTA: Circular / ida e volta

COTA MÍNIMA: Somaniezo (690 m)                                        MAPAS: I.G.N. – 81 – II – 82 – I

COTA MÁXIMA: Ermida Ntra. Sra. de la Luz (1.340 m) El Cuernón (2.046m)

SINOPSE: A serra de Peña Sagra érguese nos límites orientais de Liébana, un cordal desde o que se pode contemplar unha das vistas máis completas da rexión lebaniega. Dende o Cuernón podemos ver os catro vales principais de Liébana.


DESCRICIÓN DA RUTA: Comeza a camiñada pasando a ponte e cruzando a aldea ata un cruce onde hai un cartel que indica á Ermita de Nuestra Señora de la Luz. A pista ancha e cómoda discorre polo fondo do val entre faias e carballos. Atopamos unha bifurcación onde seguimos pola dereita e un pouco máis arriba temos que pasar unha cancela, xa fora do bosque. O camiño comeza unha ampla revolta para subir a un pequeno outeiro que divide a parte alta do val, e onde se atopa unha cabana no lugar coñecido como La Helguera (1.058 m).

Desde este pequeno outeiro xa podemos ver perfectamente os Picos de Europa e Peña Prieta. A partir de aquí a lomba continua ata a ermida. O camiño ascende en zigzag pola esquerda da lomba é, logo de cruzar un pequeno bosque de faias, aparece no mesmo fío da lomba unha cadra construída a carón dunha cabana en ruínas. Este lugar é El Helechero (1.270 m), un pouco máis arriba xa podemos ver a ermida (1.340 m).

Xunta a ermida temos unha ampla panorámica da rexión con os Picos de Europa ao fondo. O Cuernón (2.046 m) atópase encima á dereita, que non podemos ver porque o tapa un pequeno cume situado antes del.

Por riba da ermida sae un camiño que vai horizontalmente á dereita cara a unha marcada lomba sobre a que se ve as ruínas dunha cabana. Seguimos este camiño durante uns metros para deixalo cando este comece a baixar cara ao bosque, entón subimos directamente a un refuxio que podemos ver máis arriba.

O refuxio dos Montañeros de Liébana está situado na Vega del Prado, que se estende por debaixo do Cuernón, vendo desde este lugar o Cuernón situado á dereita do cume que antes o tapaba.

Dirixímonos cara ao sur en busca deste pre cume para subir por el aproveitando un bo carreiro que o recorre. Esta lomba forma un amplo cimbro enfronte do refuxio é, ao outro lado da lomba baixando uns poucos metros temos a fonte de Las Seguidillas. No remate da lomba, pasamos unha canle que baixa pola dereita e situámonos fronte ao cume final, o cal ofrece algo de resistencia. O punto máis accesible atópase uns 50 m á dereita do cume, polo que temos que trepar por unha especie de canle e logo recorrer a crista ata o seu remate.

Baixamos polo mesmo camiño ata a ermida onde seguimos o itinerario común. Á esquerda vemos unha pista de trazo horizontal polas abas de Canto de la Trespeñuela, por esta pista é pola que temos que seguir ata traspasar a lomba logo da cal, a pista desaparece.

Así chegamos a El Sierro (1.300 m), un cimbro desde o que temos unha fermosa vista de ambas vertentes. Seguimos pola pista pasando a un novo val camiñando polo límite superior dun espeso bosque de faias e carballos e outras especies como acivros, e capudres.

Hai unha pista que baixa pola esquerda pero nos seguimos de fronte ata un cimbro no que hai unha pequena cabana. É El Dornaco onde o camiño volve a bifurcarse deixando o ramal que sobe cara á dereita para comezar a baixada polo da esquerda. O camiño ten algúns zigzags e logo unha travesía cara á dereita para alcanzar unha lomba que delimita o val polo noroeste. Seguimos pola mesma pista que vai polo fío da lomba ata un cimbro. Aquí temos outra bifurcación: a pista da dereita vai a Luriezo mentres que o ramal da esquerda, desaparece máis abaixo logo de dar servizo a unhas fincas. Baixamos pola última finca ata un punto onde se extingue seguindo logo campo a través.

Logo de saltar algúns lindeiros alcanzamos un camiño que baixa pola marxe dereita do val conducindo sen problemas a Somaniezo cuxos tellados comezamos a ver entre os álamos e freixos.

Publicacións populares deste blog

NOVAS

260914 Madotz - Irañeta

260916 Circular Midí d'Ossau