180908 Pico Curavacas
Enlaces á : wikiloc / fotos / pdf castelán
SITUACIÓN: Triollo e Cervera del Pisuerga (Palencia)
PUNTO DE PARTIDA: Vidrieros (1.320 m)
ACCESO: Seguindo a Ruta de los Pantanos dende Cervera del Pisuerga ou Velilla chegaremos a Triollo onde tomamos a estrada local a Vidrieros.
HORARIO: 5/6 horas DESNIVEL: 1.200 m DISTANCIA: 8/16 km
DIFICULTADE: Alta TIPO DE RUTA: Ida e volta ou circular
COTA MÍNIMA: Vidrieros (1.320 m) COTA MÁXIMA: Curavacas (2.524 m)
MAPAS: 106 – II - Macizo de Fuentes Carrionas de Adrados
SINOPSE: O Curavacas pode verse desde moitos puntos da metade oriental a Cordilleira Cantábrica. Forma parte dun famoso trío de xigantes xunto con o Espigüete e Peña Prieta. A ascensión desde Vidrieros impón, xa que a súa cara sur elévase uns 1.200 m por riba das nosas cabezas, non dando a subida ningún respiro.
DESCRICIÓN DA RUTA: Abandonamos a pequena praza de Vidrieros pola rúa Chica, pasando por detrás dunha atractiva casa rural para tomar a pista que sae da aldea en dirección oeste. Despois duns minutos cruzamos o regato de Cabriles e xiramos cara ao norte para seguir un carreiro que nos leva entre piornos e árbores ata un pequeno prado que sinala o comezo desta subida sen tregua. Hai numerosos fitos ao largo de toda a rota, pero para subir ata a entrada de Callejo Grande e conveniente dirixirse primeiro ao Collado del Hospital, un ancho e herboso cimbro ao este do cume. O nome deste cimbro chamará a atención a quen intente esta ascensión sen a forma física necesaria, pero máis cedo ou máis tarde poñeremos pé na pequena repisa que existe ao pe das rochas que forman a parede oriental de Callejo Grande.
Na práctica, cústanos menos subir por esta canle que polas pedreiras inferiores. O camiño está ben marcado e en algúns sitios transcorre entre pequenas repisas e viras de herba. Ademais, en todo momento, chamaranos a atención a curiosa forma da rocha conglomerada que nos rodea, cuberta por un atractivo lique verde, parece mentira que unha rocha aparentemente inestable poida facer paredes tan verticais. Un entorno verdadeiramente impresionante que nos ha facer esquecer as penurias anteriores.
Superado algo máis da metade da subida por Callejo Grande, aparece un pequeno cimbro herboso enriba e á dereita. A de tentarnos moitísimo, e aínda que nada perdemos subindo ata el, a rota correcta atravesa nesta punto horizontalmente cara a esquerda. Logo atacamos o tramo final, que resulta moi entretido, e que nos conduce a unha pequena brecha e a crista da montaña.
Aquí a recompensa por todo o noso esforzo son as espléndidas vistas do val de Pineda ós nosos pés, sucado polo novo río Carrión, as montañas da Pernía cara ao noroeste e os Picos de Europa no norte. De golpe o sufrimento queda desprazado