070407 Tejeda de Tosande

 Enlaces á : wikiloc / fotos / pdf castelán

 

SITUACIÓN: Dehesa de Montejo e Cervera de Pisuerga (Palencia)

PUNTO DE PARTIDA: Dehesa de Montejo

ACCESO: Dende Cervera de Pisuerga pola estrada C – 626 ata Dehesa de Montejo

HORARIO: 5/6 horas             DESNIVEL: 500 m.                     DISTANCIA: 16 km.

DIFICULTADE: Baixa            TIPO DE ROTA: Ida e volta         MAPA: I.G.N. – 106 IV

SINOPSE: O teixo e unha árbore de por si escasa de forma natural. Na Montaña Palentina atópase disperso sendo rara a ocasión na que se atopan varios exemplares xuntos. Si xa é raro atopar teixedais, máis raro é aínda atopar exemplares coa talla e porte dos teixos de Tosande, algún deles acada diámetros de 1,5 m. Por todo isto, a Tejeda está considerada como unha reliquia da era terciaria, unha verdadeira xoia botánica merecedora dos esforzos e atencións necesarios para a súa conservación.

    A rexeneración da especie en Tosande vese dificultada pola abundancia de grandes herbívoros salvaxes, que comen os brotes tenros e as ramas das plantas novas. Por isto, aínda que algúns anos nacen plantas en abundancia, moi poucas chegan a converterse en árbores maduras. As praderías no val de Tosande están divididas entre catro lugares: Dehesa de Montejo, Ruesga, Ventanilla e San Martín de los Herreros. Antigamente reuníanse aquí os rabaños de todos estes lugares aos que se engadía no verán as merinas procedentes de Extremadura.

DESCRICIÓN DA ROTA: Dende Dehesa de Montejo sae unha pista que cruza a estrada C – 626 á altura do km. 2. Dende a estrada vese, en toda a súa amplitude, o val de Tosande, un fondo taxo verde aberto entre os cumes calíos do Macizo de La Peña. Despois de pasar unha zoa de campos de cultivos a pista métese nunha pequena carballeira, tras pasar unha cancela metálica que zarra o paso. O camiño baixa, buscando o val, e aparecen os primeiros afloramentos de rocha calía entre os que medran aciñeiras e rebolos. O val vaise pechando nunha estreita garganta na que o camiño, de firme rochoso, transcorre escoltado por vexetación de aciñeiras, carballos e breixos que ocupan as ladeiras de Peña Oracada á esquerda e Cruces á dereita.

    Ao remate da garganta, o val ensánchase, onde un circo de cumes calíos rodean as praderías que ocupan o fondo do val. Na ladeira de Peña Oracada, á nosa esquerda, ábrese un pequeno val no que se asenta un espeso faial. A Tejeda atópase na beira superior do bosque, no límite do faial coa pradería atopamos un carreiro, moi marcado polos numerosos visitantes, que nos levará sen dificultades ata os teixos.

    Logo de visitar a Tejeda, quen queira pode baixar de novo ao val e seguir cara ao cimbro de Tosande, para o que teremos que acometer unha subida nin moi larga nin moi dura.

    Para atopar o carreiro de subida temos que dirixirnos cara a un estreito desfiladeiro polo cal transcorre o camiño ben marcado, ata que o desfiladeiro se bifurca. Collemos o val da nosa esquerda e como referencia visual temos un chamado pico calío á maneira de corno de rocha moi aguzado, cara ao cal diriximos os nosos pasos. Rodeamos o corno pola mesma dereita en busca do remate do cimbro de Tosande que se atopa a uns 700 m. do corno, nunha ascensión con lixeira pendente. A panorámica que se abre diante de nós é espectacular.

    Dende o cimbro emprendemos o camiño de volta a media ladeira do Alto de Burrián, sen sendeiro claro a seguir. Temos de referencia o cimbro da braña dos Tejos, polo cal pasaremos. Superado este cimbro, a seguinte referencia será o propio val de Tosande en dirección a Peña Celada, perdendo altura pouco a pouco ata acadar os prados do val, enlazando así co camiño de ida.

Publicacións populares deste blog

NOVAS

260914 Madotz - Irañeta

260916 Circular Midí d'Ossau