060115 Ruta dos Artesáns

 Enlaces a:  wikiloc  /  fotos  /  pdf castelán

SITUACIÓN: Santalla de Oscos (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Santalla de Oscos

ACCESO: Dende a Veiga, pola estrada que sobe a Garganta. Aquí coller a dereita a que vai a Fonsagrada. Santalla está a 14 km. do porto da Garganta.

HORARIO: 5/6 horas                  DESNIVEL TOTAL: 700 m      DISTANCIA: 16 km

DIFICULTADE: Baixa/media     TIPO DE ROTA: Circular         MAPAS: I.G.N. - 49 – I – II – III – IV

SINOPSE:

DESCRICIÓN DA ROTA: Saímos de Santalla (650 m.) seguindo as marcas do PR – AS – 115, baixando cara á Ponte, pasamos pola Vila d´Abaixo onde se atopa o tear de Irene Villar. Unha vez no río Agüeira, á dereita, subimos cara ao Souto por pista asfaltada, para seguir subindo agora por pista de terra en dirección a San Antonio (500 m), pero antes de chegar, aparece o rego Candesal pola beira do cal baixamos ao Mazonovo (500 m). No mazo e na ferrería é posible ver os traballos propios do ferro.

Deixamos o rego Candesal para cruzar a estrada e subir a Brañavella, onde Antonio Magadán segue a fabricar as navallas “luna” como os seus antergos. Pasada esta aldea, collemos a dereita subindo un pouco máis temos dou puntos de interese arqueolóxico: gran número de túmulos, algún aberto deixando ver a cámara mortuoria, e o recinto fortificado do Cortín dos Mouros que é un xacemento definido por unha muralla construída con grandes bloques de cuarcita, escuadrados, que circundan un espacio rectangular salvo pola fronte oriental, onde os acantilados protexen o recinto.

Rodeamos a Pena Tiñosa continuando cara ao sur a través dun circuíto de motocross ata a entrada a Nonide onde collemos unha pista a esquerda, cara abaixo que nos vai levar ata Ferreira.

Logo de pasar esta aldea, cruzamos o río para nunha curta subida chegar a Talladas onde temos que coller un sendeiro que vai paralelo ao río Agüeira,o cal cruzamos a altura de Parada. Aquí collemos unha pista ata a primeira curva onde xiramos a dereita camiño das Barreiras.

De novo cruzamos o río para subir a Ferreirela de Abaixo, onde facemos unha inescusable visita a casa dos Fernández Lombardero actualmente dedicada a turismo rural, rematando a rota en Santalla.

Publicacións populares deste blog

NOVAS

260914 Madotz - Irañeta

260916 Circular Midí d'Ossau