021206 Rota da Auga

  Enlaces a:   wikiloc  /  fotos  /  pdf castelán

SITUACIÓN: Taramundi – Asturias

PUNTO DE PARTIDA: Taramundi

ACCESO: Dende Oviedo pola estrada N- 634 ate Vegadeo. Aquí collemos a AS-21 a Taramundi, onde deixámo-lo coche.

HORARIO: 4/5 h                                                             DISTANCIA: 14 km

DESNIVEL: 100 m Pequenas subidas e baixadas         MAPA: I.G.N. – 25 – III

DESCRICIÓN DA ROTA: Dende Taramundi pola estrada que vai a Mazo Novo; que posúe un museo etnográfico que ven podemos visitar; pasando este lugar ascendemos por unha pista de formigón ate unha curva, onde o camiño parte a dereita. Seguimos este camiño e pasámo-lo casarío de La Granda.

De seguido cruzamos a ponte da Escaderna sobre do río Turía, ascendemos agora por un camiño ao lado do río ate unha pista que conduce a Esquios.

Unha sinal márcanos unha fervenza, camiño que en trinta minutos, pasando un prado e unha antiga cabana, acércanos a fervenza do rego de Salgueira.

De volta ao camiño, cruzámo-la ponte de Salgueira e ascendemos a Los Esquios. Aquí temos un museo etnográfico o cal podemos visitar para ver unha das coleccións mais importantes de navallas e coitelos. Seguimos de fronte por un camiño que nos leva ata As Veigas onde podemos descansar un pouco nun verdadeiro remanso de paz.

Logo dámo-la volta na mesma aldea, e po-la outra marxe do río, por un sendeiro ben marcado dirixímonos a Os Teixois, onde podemos visitar o conxunto etnográfico. Logo da visita ao conxunto etnográfico, volvemos a Taramundi por camiño asfaltado ou ben cruzamos o río para chegar aos Esquios e regresamos polo mesmo camiño.


Mazo Novo

Aquí levántase un magnífico eco museo dedicado a moenda, nun edificio perfectamente restaurado, que antigamente era usado como muíño. Tamén posuía unha pequena central hidroeléctrica.


Os Esquíos

Ofrécenos unha mostra sobre a casa tradicional da zona así como a fabricación de navallas artesanalmente.


Os Teixois

A aldea de Os Teixois posúe un conxunto etnográfico dedicado ao aproveitamento da forza da auga. Consta dunha canle que alimenta uns muíños, un pequeno alternador para producir luz, un mazo para traballar o ferro, un batán e unha pedra de afiar. O Mazo de Os Teixois está feito de madeira de carballo, e posúe un pesado martelo de ferro que pesa arredor de douscentos quilos.

Publicacións populares deste blog

NOVAS

260914 Madotz - Irañeta

260916 Circular Midí d'Ossau