021103 Serra do Calamouco

 Serra do Calamouco

Enlaces a:   wikiloc  /  fotos  /  pdf castelán  

SITUACIÓN: Becerreá – Lugo

PUNTO DE PARTIDA: Borquería

ACCESO: Na estrada N-VI, a altura de Becerreá collemos a que vai a Navia de Suarna e a cinco quilómetros de Becerreá atópase Borquería onde comeza a ruta.

HORARIO: De 4 a 5 horas             DISTANCIA: 14 quilómetros

DESNIVEL: 360 m                         DIFICULTADE: Media                     MAPA: I.G.N. – 99 – III


SINOPSE: O Concello de Becerreá, comprende un territorio accidentado e montañoso. As serras de Penamaior, Pena da Edra e Calamouco alcanzan cotas superiores aos mil metros. Dispón dos bosques de castaños máis importantes de Galicia e na parroquia de Cruzul un dos poucos montes de aciñeiras da rexión.

Ten no río Navia a máis destacada corrente fluvial que fai límite con Cervantes durante unha longa parte da súa canle.

Rodeada dunha paisaxe especialmente fermosa esta rota recorre as aldeas de Muñez, Munel e Vilar de Frades a parte de pasar por entre gran número de árbores autóctonas como castiñeiros, carballos e bidueiros entre outros. Ademais ten boas vistas panorámicas.


DESCRICIÓN DA ROTA: Esta rota comeza pasados uns trescentos metros a aldea de Borquería, xunto a un regato temos un letreiro que nos india o inicio da rota.

Comezamos a camiñada subindo por un sendeiro que vai paralelo ao rego os primeiros metros pero de seguida este sendeiro torce a dereita onde temos un pequeno tramo en que as xestas invaden o paso. O camiño agora mellora e pasamos por un fermoso bosque de frondosos castiñeiros e carballos e así de seguida chegamos a Muñez, aldea abandonada onde faremos unha pequena parada para botar unha ollada a este bonito paraxe.

Aquí temos unha bifurcación, a man esquerda hai un camiño que é polo que temos que baixar á volta, mais agora, seguimos de fronte para atravesar o rego do Vao e logo coller unha ancha pista que nos vai levar un bo tramo en chan.

Chegamos así a unha bifurcación e, atención aquí os despistados, temos que coller a esquerda durante uns poucos metros e logo coller outro camiño a dereita que baixa cara a un rego que se adiviña ao fondo do val.

Este camiño intérnase por debaixo de castiñeiros centenarios para cruzar o rego Calamouco por dous paus de madeira. Pasado o rego comeza a subida, primeiro uns metros paralelo ao rego e logo vira a dereita para achegarnos por debaixo dun bosque de frondosas a Monel.

Atravesamos esta aldea cara arriba onde debemos fixarnos nas sinais pintadas en paredes e postes da luz, e na parte alta temos un depósito de auga e un cruce. Nós collemos a dereita cara arriba por unha ancha pista que sempre subindo nos vai levar a pouco mais de un quilómetro a outro cruce con unha pista asfaltada.

Subindo por esta pista, se volvemos a cabeza, podemos mirar se o día está despexado un sen fin de aldeas mais ou menos pretas e os cumes da veciña cordilleira de Os Ancares.

Ao chegar a pista asfaltada colleremos por ela a esquerda en dirección a unha aldea que vemos dende dito cruce, Vilar de Frades. Despois de camiñar algo mais de un quilómetro por asfalto, acadamos dita aldea onde temos que coller o primeiro camiño a esquerda que nos leva fora da aldea entre paredes e hortos.

Conectamos de seguida con unha pista de recente feitura a cal seguimos, primeiro en forte baixada e logo de subir uns metros chegamos a un prado cerrado de paredes o cal pasaremos por enriba aínda que aquí temos varias opcións, calquera delas válida para seguir en dirección a un piñeiro que divisamos dende a nosa posición cara ao sur – oeste.

Esta cómoda pista vai baixando entre unha plantación de vellos pinos do país pero temos que ter coidado cando nos apareza un camiño a esquerda que é o que temos que coller para baixar a Muñez. (A indicación está posta nun pino a nosa dereita na pista principal a cal é moi fácil que nos pase desapercibida).

Unha vez en Muñez, a volta farémola polo mesmo sendeiro que subimos e así remataremos esta fermosa e fácil andaina do concello de Becerreá.


Publicacións populares deste blog

260914 Madotz - Irañeta

260916 Circular Midí d'Ossau