020501 Serra da Bobia

 Enlaces a:  wikiloc  /  fotos  /  pdf castelán

ACCESO: Na vila de A Veiga collemos a estrada que sobe ao Porto de A Garganta e aquí en dirección a Vilanova d´Oscos ata a Ponte de Penacoba.

HORARIO: Entre 6 e 7 horas         TIPO DE ROTA: Circular   DESNIVEL: 450 m

DIFICULTADE: Media         DISTANCIA TOTAL: 20 km         MAPAS: I.G.N. – 25 – IV – 49 - II

DESCRICIÓN DA ROTA: O punto de partida atópase na estrada rexional que atravesa toda a comarca osqueña (AS-13) máis ou menos na pequena aldea de Penacoba, xustamente onde existe unha ponte sobro do regato Acebeiral.


1ª Parte: Na Ponte de Penacoba comeza a pista de inmellorable trazado. Nos primeiros pasos sae un camiño a nosa esquerda que non tomaremos para seguir de fronte, deste xeito a pista vai xirando a esquerda internándose por unha pequena bagoada aparecendo outro cruce no cal tomaremos a pista da esquerda e que nos leva cara enriba seguindo sempre de fronte en tódolos cruces ate chegar á liña de cumios na que temos unha estrada asfaltada que comunica o Porto de A Garganta con Boal polo Gumio.

Agora espéranos unha marcha fácil pola estrada asfaltada ate un cimbro chamado Campo da Bobia. Este tramo ofrécenos amplas vistas sobro dos cumios despexados e masas forestais, con matueiras e reforestacións de pinos.


2ª Parte: Dende o Campo da Bobia podemos subir de fronte ao Pico da Bobia (El Filso) (1.197m) que acadaremos sen moitos esforzos para poder contemplar a marabillosa paisaxe que nos depara este cumio dos Oscos.

Despois de descansar, tomaremos o camiño de volta ate a estrada asfaltada onde camiñaremos uns douscentos metros para abandonala por un sendeiro que baixa a nosa esquerda.

Esta parte da rota é especialmente rechamante, deberemos adiviñar ás veces por onde descorre o camiño medio tapado entre as xestas que o invaden, máis non ten perda porque intuímo-lo percorrido que baixa cara a aldea de A Bobia. Deixamos esta aldea abandonada e seguimos faldreando por camiños entretidos para chegar ate O Picón tamén despoboado.

Merece a pena descansar e gozar da paisaxe, neste tempo inmellorable pola frondosidade dos bosques. Retomámo-la marcha para máis tarde entrar en San Cristovo con unha casa habitada, aquí poderemos observar a arquitectura popular é a súa igrexa.

De tódolos camiños que existen, tomaremos o que vai cara ao sur, que segue bordeando a ladeira con pequenas pendentes e que nos leva a aldea de Murias, dende aquí tomando un camiño a dereita, por certo bastante pendente, subimos ate a Sela de Murias onde tras descansar brevemente retomámolo camiño en dirección sur pola vertente oriental do Pico Murias. Ao pouco o camiño mellora e métese uns quilómetros ate un outeiro baixo as ladeiras de Pena Cagadoira e Pena Redonda, case a medio quilómetro do cumio aparece un sendeiro pola dereita que colleremos para así abandonar a pista e descender ate o val do río Vilanova.

Esta baixada ten uns dous quilómetros que nos leva ate Ovellariza e xa neste lugar so temos que descender outros cincocentos metros mais para chegar ate a canle do río Vilanova e acceder a capital do concello: Vilanova d´Oscos.


Publicacións populares deste blog

NOVAS

260914 Madotz - Irañeta

260916 Circular Midí d'Ossau