011111 Pico Gargalois

 Enlaces a:   wikiloc  /  fotos  /  pdf castelán

SITUACIÓN: Villayón (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Castanedo (520 m)

ACCESO: A Villayón chégase pola estrada AS-25 que sae de Navia, logo seguimos a Valdedo e de aquí desviámonos a Castanedo

HORARIO: 6 h                                DESNIVEL: 650 m                    MAPA: I.G.N. – 26 – III

DIFICULTADE: Baixa/media            TIPO DE RUTA: Circular            DISTANCIA:


SINOPSE: O concello de Eilao limita ao leste con os de Villayón e Allande, pola liña de cimeiras da Serra de San Roque, na que están integrados os cumios de Cristaleira, Prado Roque e Gargalois, sendo este o cumio mais alto de Eilao. Cara o sueste sitúase o Carondio, separado dos anteriores pola bagoada de Entrevías, tamén chamado Entrerrios. Aquí concorren antigos camiños vaqueiros, agora arranxados en pistas de montaña que cruzan estas serras.

Consérvanse tamén restos de monumentos megalíticos como o dolmen de Abades ou o de Entrevías que serviu como lugar de cultos e enterramentos fai miles de anos.


DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos de Castanedo camiñando por unha pista que de seguida baixa ata o río, e tras pasalo por unha ponte, subimos por unha pista a aldea de Barandón (590 m). Avanzamos en dirección a capela de San Juan situada na parte alta da aldea e metémonos de inmediato nunha fraga de carballos intercalados con carrascos.

Máis adiante o amplo camiño supera a ladeira setentrional da serra, ata chegar a un outeiro chamado Entrevías (925 m). Axiña atoparemos o famoso dolmen, froito de lendas mais ou menos afortunadas. Debemos proseguir remontando en sentido contrario ao Pico Carondio cara a campa de Campillín onde existen varias pistas.

Logo de ver a situación, collemos o camiño que vai faldreando o cordal a media altura ata situarnos na base dunha bagoada que sube directamente ao cumio. Encaramos este duro tramo, non sen antes provernos de auga dun regato que aquí emerxe, coas ganas de acadar o cumio que temos por meta. Así desta maneira coroamos a cima de 1.165 m, que é vértice xeodésico, o máis alto do concello de Eilao e que nos depara fermosas vistas do val do Navia, con o encoro de Doiras facilmente localizable.

Seguindo a liña de cumios podemos chegar ata Prado Roque, teito de Boal en aproximadamente media hora e logo a volta podemos facela baixando en dirección a braña directamente e logo dende aquí polo camiño a Castanedo onde remata esta rota.

Publicacións populares deste blog

NOVAS

260914 Madotz - Irañeta

260916 Circular Midí d'Ossau