260918 Garmo Negro

Garmo Negro 

                                                                   Enlaces a:  wikiloc  -   fotos   -   pdf castelán  

SITUACIÓN: Panticosa (Huesca)

PUNTO DE PARTIDA: Baños de Panticosa (1.640 m)

ACCESO: Desde a estrada que sobe ao Portalet, coller a A-2606 dirección Panticosa. Desde a estrada xeral 11 km ata Baños de Panticosa.

HORARIO: 6/7 h              DESNIVEL: 1.450 m             DISTANCIA: 10 km

DIFICULTADE: Alta         TIPO DE RUTA: Ida e volta

COTA MÍNIMA: Baños de Panticosa (1.640 m)  COTA MÁXIMA: Garmo Negro (3.064 m)

MAPA: Valle de Tena 1:25.000 de Editorial Alpina

SINOPSE: Esta ascensión carece de dificultades técnicas, pero si que é necesario ter unha boa preparación física xa que se salvan 1.400 metros de desnivel en tan solo 5 quilómetros de ascensión.

DESCRICIÓN DA RUTA: Desde o aparcamento situado á entrada do balneario de Panticosa collemos un carreiro recto situado ao norte do Ibón de Baños. Logo de cruzar o río Caldarés por unha ponte seguimos na mesma dirección uns 85 metros. Logo desviámonos ao oeste un tramo logo do cal o camiño cambia a dirección norte aumentando a pendente.

    O camiño sobe en zigzags sobre un terreo granítico que nos vai achegando ao barranco de Argualas. O carreiro pasa preto dos muros de contención dos aludes é, logo de deixar á esquerda o segundo dos muros, chegamos a un cruce situado na Mallata Baja.

    O camiño da dereita e o que sobe aos picos Garmo Negro, Argualas e Arnales, será polo que seguimos. Ao pouco, o carreiro xira á dereita meténdose no bosque de pino negro, pero por pouco tempo, xa que axiña saímos del para situarnos na Mallata Alta.

    O carreiro segue subindo, e pouco a pouco faise máis pedregoso polo que transitamos un tramo que da paso a unha pequena canle pola que atravesamos un gran bloque de pedras. Neste tramo debemos prestar atención a os fitos de pedra que nos guiarán.

    O camiño xira ao oeste atravesando o rego Pondiellos (2.527 m) cara ao Collado Argualas por unha zona de pedreira onde debemos prestar atención. Chegado ao Collado Argualas (2.790 m) o camiño vai xirando á dereita para superar a derradeira rampla que nos separa do cume.

    Dende o cume, nun día despexado, as vistas son espectaculares. Podemos ver cumes tan emblemáticos como o Midi d´Ossau, o Vignemale, o Balaitús, Monte Perdido, Anayet e todos os do Pirineo Occidental como o Bisaurín, Castillo d´Acher, etc. e máis preto podemos contemplar ao detalle os Picos del Infierno con a súa “Marmolera”.

    Agora toca baixar polo mesmo camiño pero deberemos ter moita máis precaución na baixada que na subida para evitar un esvarón con posibles complicacións.

Publicacións populares deste blog

190813 Circular Ibón de Acherito - Subida ao Mallo a Ralla

080320 Trilho dos Moinhos de Parada