250918 Solana de Usaya- Sete Pontes

 Solana de Usaya – Sete Pontes

                                                                       Enlaces a: wikiloc   -   fotos   -   pdf castelán

SITUACIÓN: Ezcaray (A Rioxa)

PUNTO DE PARTIDA: Azárrulla (930 m)

ACCESO: A 8 km de Ezcaray pola estrada LR – 415.

HORARIO: 4/5 h             DESNIVEL: 570 m             DISTANCIA: 11 km

DIFICULTADE: Baixa     TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Azárrulla (930 m) COTA MÁXIMA: Piñeiral (1.430 m)

MAPAS: I.G.N. – 240 – II – IV

SINOPSE: Esta é unha das rutas emblemáticas de Ezcaray, ruta sinxela que na subida depara unhas fermosas vistas e un tramo por un piñeiral e na baixada cruza nada menos que sete veces o rego de Usaya por un fermoso faial. Está marcada con sinais brancas e marelas.

DESCRICIÓN DA RUTA: Esta camiñada comeza no aparcadoiro que hai xusto ao pasar o pobo. Camiñamos en dirección sur uns cen metros para coller o primeiro carreiro que sae pola esquerda. Cando levamos medio quilómetro xa comezamos a ter boas vistas, e aparece unha pista (944 m) pola que seguimos uns metros para coller un carreiro que sobe pola dereita e que segue ofrecendo boas panorámicas. Pasamos xunto a unha mancha de acivros e seguimos subindo ata a fonte de El Clavo (1.216 m) onde podemos facer unha parada.

    Continuamos a subida sempre en dirección leste con boas vistas ata que chegamos ao barranco Orencio onde o camiño xira en dirección sur leste internándose nun piñeiral no que temos o punto máis alto deste percorrido (1.430 m).

    O camiño comeza a baixada para atravesar o rego de Usaya e internarse no leito do rego. Agora baixamos rodeados dun fermoso bosque ata que aparece a primeira ponte pola que cruzamos o rego (1.354 m). Seguimos a andaina e aparece a segunda ponte mentres o rego vai facendo pequenas pozas e fervenzas. Así chegamos a terceira ponte no medio dun fermoso bosque de ribeira e así ata pasar as sete pontes.

    O camiño todo en baixada segue sendo moi fermoso. Chegamos a unha pista xusto onde fai unha curva, collemos o ramal da esquerda que é o que vai baixando pola beira do río.

    Máis abaixo, o camiño pasa a carón do cemiterio do lugar, polo que seguimos ata o punto de saída.

Publicacións populares deste blog

190813 Circular Ibón de Acherito - Subida ao Mallo a Ralla

080320 Trilho dos Moinhos de Parada