241221 Ruitelán - Castelo de Sarracín - Ambasmestas - Balboa
Ruitelán – Castelo de Sarracín - Ambasmestas - Balboa
Enlaces a: wikiloc - fotos - pdf castelán
SITUACIÓN: Vega de Valcarce e Balboa (León)
PUNTO DE PARTIDA: Ruitelán (650 m)
ACCESO: Ruitelán está situado na antiga N-VI xunto ao río Valcarce.
HORARIO: 3 h DESNIVEL: 500 m DISTANCIA: 11 km
DIFICULTADE: Baixa TIPO DE RUTA: Travesía
COTA MÍNIMA: Ambasmestas (620 m) COTA MÁXIMA: Castelo de Sarracín (790 m)
MAPAS: I.G.N. 125 – IV – 157 – II
Castelo de Sarracín
Nesta fermosa camiñada temos a oportunidade de visitar o castelo de Sarracín. Este castelo foi construído no século XIV sobre outra fortificación anterior do século X, asociada ao conde berciano Sarracino, fillo do conte Gatón a que sucedeo nos seus cargos de conde do Bierzo e de Astorga. A construción do século XIV pertencía ao marqués de Villafranca.
Un arco de medio punto da entrada entre dúas torres de planta cadrada a esta fortificación catalogada como Ben de Interese Cultural.
A finais de maio de 2014 comezaron unhas obras urxentes para consolidar e sanear a fortaleza, intervindo nas torres para garantir as súas estabilidades. Outras obras consistiron en arranxar portas, e o camiño de acceso así como instalar unha porta de rexas para controlar a entrada ao recinto.
Coa retirada de escombros o castelo recuperou a súa cota orixinal a parte de recuperar doce postos de arqueiros que permitían a defensa dos muros así como estancias interiores entre elas, o alxibe que abastecía de auga o castelo.
Balboa
Considerada como un dos 48 concellos da Galicia estremeira está situada aos pés da Serra de Ancares, no remate de Cordilleira Cantábrica, cuns 51 km cadrados de extensión e unha altitude media de 950 m, por onde discorre o río Balboa, que da nome a capital do val e a cabeceira do municipio, limita con os concellos de Trabadelo, Veiga de Valcarce, Vilafranca do Bierzo da provincia de León e Cervantes da provincia de Lugo.
Conta con 18 pequenos núcleos:Balboa, Canteixeira, Castañeiras, Castañoso, Chandevilar, Fuentedeoliva, Lamagrande, Paraxís, O Portelo, Pumarín, Quintela, Ruideferros, Ruidelamas, Valverde, Villafeile, Villanueva, Vilariños e Vilarmarín, aldeas colgadas nas abas das montañas e separadas por pequenos vales no medio dunha paisaxe dominada por soutos de castiñeiros e carballeiras.
Sobresae a igrexa de Santa Mariña de orixe románico e o castelo que foi propiedade do Conde de Lemos e o Marquesado de Vilafranca. A arquitectura tradicional é aínda visible nalgunhas aldeas que conservan pallozas e hórreos.
Hoxe en día, Balboa dedícase a gandería, a artesanía agro alimentaria e ao turismo.
DESCRICIÓN DA RUTA: Esta camiñada parte xunto á area recreativa situado a carón da antiga estrada N-VI en Ruitelán. Cruzamos á área recreativa cruzando o río por unha ponte para coller unha pista que sobe pola faldra do monte durante dous quilómetros ata o castelo de Sarracín, situado a 790 m de altitude.
Logo da visita ao castelo, comeza unha forte baixada ata Vega de Valcarce, pasamos xunto á casa do Concello atravesando este núcleo en dirección leste saíndo por un camiño que vai entre prados e bosque de ribeira. Este camiño cruza por debaixo a autoestrada para entrar en Abasmestas onde xunto á igrexa de San Pedro collemos a antiga estrada N-VI pola que camiñamos uns metros ata coller a que vai a Balboa pola que seguimos uns metros ata situarnos debaixo da estrada N-VI.
Xusto neste lugar, hai un cartel da ruta Ambasmestas – Balboa. Collemos ese camiño que sae pola dereita sempre con o río á nosa esquerda. Durante a andaina polo val do río Balboa, deixamos a poboación de Quintela á nosa esquerda e máis adiante o hotel Ancares.
O camiño entra en Balboa por debaixo do castelo pasando xunto a unha fonte para chegar á explanada xunto á igrexa de Santa Mariña onde remata esta andaina.
Unha fermosa ponte que atravesa o río da acceso á praia fluvial e unha grande palloza reconvertida en restaurante.