240827 Baños de Panticosa - Camiño dos Machos - Bachimaña. (Ibones azules)
Baños de Panticosa – Camiño dos Machos – Bachimaña
(Ibones Azules)
Enlaces a: wikiloc - fotos - pdf castelán
SITUACIÓN: Panticosa (Huesca)
PUNTO DE PARTIDA: Balneario de Panticosa (1.642 m)
ACCESO: Desde Escarrilla, 12 km ata Baños de Panticosa
HORARIOS: 5/6 h DESNIVEL: 550 m ata o refuxio de Bachimaña
DISTANCIA: 10 km DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Circular
COTA MÍNIMA: Balneario (1.642 m)
COTAS MÁXIMAS: Refuxio de Bachimaña 2.197 m - Ibón Azul Superior (2.414 m)
MAPA: Val de Tena de Editorial Alpina 1:25.000
SINOPSE: Ruta fácil en canto ao técnico pois non hai pasos complicados, pero hai que ter en conta o desnivel e a distancia extra para chegar aos Ibones Azules.
O entorno polo que imos camiñar é fermoso xa que nos atopamos en terreo de alta montaña. Un percorrido marcado pola auga do río Caldarés con moitos saltos de auga e logo os lagos e o encoro de Bachimaña, o de Bramatuero e os propios Ibones Azules.
DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos a camiñada xunto ao balneario (1.642 m) subindo polas escaleiras de Casa Belio collendo o GR – 11 que sobe cara a Brazato. En poucos minutos atopamos unha bifurcación onde nos desviamos á esquerda camiño dos Ibones de Bachimaña – Ibones Azules.
O carreiro gaña altura suavemente en dirección noroeste mentres as edificacións do balneario van quedando á nosa esquerda cada vez mais baixos. Cruzamos unha tubaxe de auga e axiña chegamos a un segundo desvío (1.735 m) onde temos que coller á dereita seguindo o camiño de Bachimaña por Camino de los Machos.
O carreiro segue subindo preto da tubaxe mentres pouco a pouco imos afastándonos do barranco de Caldarés e do GR – 11. A partir de aquí atoparemos pouca xente.
Pola cota de 1.870 m temos que desviarnos de novo xa que o camiño que seguíamos ía cara aos chans de Bozuelo e Lumiacha para enlazar con o GR – 11; así que colleremos un carreiro herboso que sae pola dereita.
Nesta parte debemos ir atentos para non perder as trazas do camiño, tendo nas zonas rochosas os fitos que nos guiarán. Máis arriba saímos a un fermoso chan onde se abica a Balsa de Lumiacha (1.950 m) onde merece a pena facer unha parada.
Seguimos os fitos que nos levan cara ao norte, gañando altura comodamente. Ao chegar ao barranco de Labaza o carreiro xira ao leste para cruzalo facilmente máis arriba. Pola esquerda podemos ver, ao outro lado do barranco de Caldarés as eses que fai o GR – 11 pola Cuesta del Fraile. Seguimos camiñando fixándonos nos fitos que nos conducen por sinxelas pendentes chegando xunto a o rego de desaugue do Ibón de Coanga.
Camiñamos cara ao refuxio de Bachimaña (2.197 m) atravesando un chan herboso. Seguimos bordeando este pequeno encoro para cruzar polo muro da presa do Ibón de Bachimaña Inferior e chegar ao GR – 11.
No cruce que hai ao outro lado do Ibón de Bachimaña Inferior xiramos á esquerda para seguir o GR – 11 comezando o descenso que axiña nos leva á Cuesta del Fraile onde se acentúa a baixada facendo numerosas lazadas.
A impresionante baixada de forte pendente amósanos varias fervenzas, pasamos polos Prados de Bozuelo para entrar en Panticosa xunto á Casa de Piedra, cruzamos a poboación ata chegar ao punto de saída.
IBONES AZULES (2.414 m)
(225 m de desnivel desde Bachimaña - 6 km ida e volta)
Si queremos chegar ao Ibones Azules, logo de cruzar apresa de do Ibón Bachimaña Inferior, collemos á dereita seguindo o GR – 11 en sentido ascendente ata unha bifurcación que pola dereita vai a Marcadau e Bramatuero e á esquerda aos Ibones Azules. Desde este desvío, en pouco máis de media hora chegaremos aos lagos situados nunha paraxe excepcional vixiados polos Picos del Infierno que vemos cara ao sur, de fronte o Pico Piedrafita é á nosa dereita a Punta Zarre.
Logo da obrigada parada, volvemos a Panticosa polo mesmo camiño ata a bifurcación de Marcadau, collendo á dereita e seguindo o GR – 11, esta vez ata Panticosa.