220811 De Isaba a Zurita GR11 (por Belabarce)

 De Isaba a Zuriza por Belabarze

(GR – 11)

                                                                    Enlaces a:  wikiloc   -   fotos   -   pdf castelán

SITUACIÓN: Isaba (Navarra) – Zuriza (Huesca)

PUNTO DE PARTIDA: Isaba (800 m)

ACCESO: Pola estrada NA – 137

HORARIO: 3/4 horas         DESNIVEL: 560 m de subida/ 80 m de baixada

DISTANCIA: 11,5 km         DIFICULTADE: Baixa         TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: Isaba (800 m)         COTA MÁXIMA: Collado Argibiela (1.297 m)

MAPA: Valles de Belgua y Roncal de Alpina 1:25.000

SINOPSE: Esta opción, ao contrario da variante por Ezkaurre, é a opción sinxela para chegar a Zuriza dende Isaba. Cun desnivel de pouco máis de cincocentos metros, a camiñada a carón do río e val de Belabarze, xunto con as distintas bordas que nos imos atopando, fan deste percorrido un goce para os sentidos.

DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos de Isaba, desde unha praza no centro do pobo, e collemos a rúa que sae en dirección leste, polo vello camiño que pasa xunto á ermida de Belén, avanzando pola marxe dereita do río Belabarze e desembocando nunha pista, ata un marcado cruce, Ateas de Belabarze, (860 m) onde o camiño se bifurca. Pola dereita vai a variante GR – 11.4 que sobe polas penas de Ezkaurre polo que seguimos o camiño da esquerda debaixo dun espeso bosque remontando polo barranco.

    Entramos no Valle de Belabarze (1.000 m) despois de percorrer uns catro quilómetros e medio. O chan agora é máis suave estando todo o fondo do val ocupado por cadras e prados para o gando, pola esquerda discorre a estrada NA – 2.000 que une Isaba con Zuriza.

    O GR cruza un rego e remonta comodamente o val ata case o seu remate onde afrontamos unha pequena subida que nos conduce ao Collado de Argibiela ou Puerto de los Navarros (1.297 m), punto máis alto deste percorrido.

    Aquí atopámonos con a estrada é a variante GR – 11.4 que ven por Ezkaurre. Deixamos atrás Navarra para entrar en terras de Aragón. Logo dunha suave baixada chegamos sen máis esforzo ao cámping de Zuriza, sitado a 1.220 m de altitude.

Publicacións populares deste blog

190813 Circular Ibón de Acherito - Subida ao Mallo a Ralla

080320 Trilho dos Moinhos de Parada