220810 Circular a Lapazarra (longa)

 Circular a Lapazarra   (circuíto largo)

                                                                  Enlaces a:  wikiloc    -   fotos   -   pdf castelán

SITUACIÓN: Isaba (Navarra)

PUNTO DE PARTIDA: Refuxio de Belagua (1.420 m)

ACCESO: Pola estrada NA – 1370

HORARIO: 5/6 horas                      DESNIVEL: 950 m                         DISTANCIA: 17,5 km

DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Ida e volta - circular

COTA MÍNIMA: Paso de Zemeto (1.355 m) COTA MÁXIMA: Portillo de Larra (1.875 m)

MAPA: Valles de Belagua y Roncal de Alpina 1:25:000

SINOPSE: O monte Lapazarra está abicado na Reserva Natural de Larra, no Pirineo Navarro. Debido a súa altura e situación, este monte está bastante esquecido, pero no por iso desmerece a súa visita a través dun fermoso itinerario e que nos ofrece unhas vistas privilexiadas dos cumes do Pirineo Occidental .


DESCRICIÓN DA RUTA: Esta ruta sae do aparcamento do refuxio de Belagua para o que baixamos un pequeno tramo polo trazo do GR – 12 que axiña nos leva ao fermoso val de orixe glaciar chamado Llanos de Eskilzarra (1.360 m).

A partir de aquí, seguimos o GR – 12 que discorre en chan polos prados ata que de seguida se introduce polo medio de dúas penas dando lugar ao Paso de Zemeto (1.355 m). Vai o camiño polo agosto paso ata saír del, tendo que dar un brusco xiro a esquerda para seguir polo medio dun fermoso faial. O carreiro, a través dunha bagoada, vai faldreando en suave ascenso a vertente sur do cordal cimeiro de Lapazarra ata unha bifurcación.

Neste punto, algo difuso, o carreiro xira bruscamente para deixar de faldrear a ladeira norte e subir directamente por ela atravesando un faial que nos deposita no cordal Collado Latzagorria (1.591 m), onde remata o faial.

A partir deste cimbro, camiñamos en chan deixando a pena de Lapazarra á nosa esquerda ata o seu remate onde temos un cruce de camiños onde temos un xiro brusco á dereita seguindo as sinais do GR – 12 que nos levarán á Foya del Portillo de Larra (1.766 m) lugar onde damos a volta para seguir un carreiro por lugar moito máis agreste aínda que por recunchos ben fermosos. Avanzamos polas calizas seguindo os fitos e o carreiro que nos conducen as proximidades do monte Lapazarra onde collemos un camiño de subida que nos leva ao Collado Larrerria (1.659 m).

Logo de pasar este cimbro, o camiño vai en dirección oeste paralelo ao que traíamos ata agora, pero máis ao norte. Axiña non introduce nun fermoso faial e a través dunha bagoada avanzamos, baixando lixeiramente, ata a bifurcación que pasamos no camiño de ida.

Desde este punto, volvemos polo mesmo camiño ata o refuxio de Belagua, outra vez atravesando o fermoso Paso de Zemeto.

Publicacións populares deste blog

190813 Circular Ibón de Acherito - Subida ao Mallo a Ralla

080320 Trilho dos Moinhos de Parada