220810 Circular a Lapazarra (curta)

 Circular a Lapazarra   (circuíto curto)

                                                                  Enlaces a: Wikiloc     -   fotos   -   pdf castelán

SITUACIÓN: Isaba (Navarra)

PUNTO DE PARTIDA: Refuxio de Belagua (1.420 m)

ACCESO: Pola estrada NA – 1370

HORARIO: 4/5 horas         DESNIVEL: 470 m         DISTANCIA: 11 km

DIFICULTADE: Baixa         TIPO DE RUTA: Ida e volta - circular

COTA MÍNIMA: Paso de Zemeto (1.355 m)     COTA MÁXIMA: Collado Larrería (1.659 m)

MAPA: Valles de Belagua y Roncal de Alpina 1:25:000

SINOPSE: O monte Lapazarra está abicado na Reserva Natural de Larra, no Pirineo Navarro. Debido a súa altura e situación, este monte está bastante esquecido, pero no por iso desmerece a súa visita a través dun fermoso itinerario e que nos ofrece unhas vistas privilexiadas dos cumes do Pirineo Occidental .

DESCRICIÓN DA RUTA: Esta ruta sae do aparcamento do refuxio de Belagua para o que baixamos un pequeno tramo polo trazo do GR – 12 que axiña nos leva ao fermoso val de orixe glaciar chamado Llanos de Eskilzarra (1.360 m).

    A partir de aquí, seguimos o GR – 12 que discorre en chan polos prados ata que de seguida se introduce polo medio de dúas penas dando lugar ao Paso de Zemeto (1.355 m). Vai o camiño polo agosto paso ata saír del, tendo que dar un brusco xiro a esquerda para seguir polo medio dun fermoso faial. O carreiro, a través dunha bagoada, vai faldreando en suave ascenso a vertente sur do cordal cimeiro de Lapazarra ata unha bifurcación.

    Neste punto, algo difuso, o carreiro xira bruscamente para deixar de faldrear a ladeira norte e subir directamente por ela atravesando un faial que nos deposita no cordal Collado Latzagorria (1.591 m), onde remata o faial.

    A partir deste cimbro, camiñamos en chan deixando a pena de Lapazarra á nosa esquerda ata o seu remate onde temos un cruce de camiños. Abandonamos o GR – 12 para xirar á esquerda (norte) e dirixirnos ao Collado Larrería (1.659 m), punto máis alto do percorrido.

    Logo de pasar este cimbro, o camiño vai xirando en dirección oeste paralelo ao que traíamos ata agora, pero máis ao norte. Axiña non introduce nun fermoso faial e a través dunha bagoada avanzamos, baixando lixeiramente, ata a bifurcación que pasamos no camiño de ida.

    Desde este punto, volvemos polo mesmo camiño ata o refuxio de Belagua, outra vez atravesando o fermoso Paso de Zemeto.

Publicacións populares deste blog

190813 Circular Ibón de Acherito - Subida ao Mallo a Ralla

080320 Trilho dos Moinhos de Parada