220416 Trilho da Peneda

        Trilho da Peneda

                                                                       Enlaces a: wikiloc   -   fotos   -   pdf castelán

SITUACIÓN: Parque Nacional da Peneda – Gerês – Concello de Arcos de Valdevez

PUNTO DE PARTIDA: Aparcamento na N – 202; 1,5 km antes do santuario da Virxe da Peneda vindo de Lamas de Mouro.

ACCESO: Desde Melgaço pola N – 202 que pasa por Lamas de Mouro (28 km)

HORARIO: 4/5 horas                     DESNIVEL: 570 m                     DISTANCIA: 11 km

DIFICULTADE: Media                    TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: A Peneda (680 m)     COTA MÁXIMA: Abas da Penameda (1.100 m)

MAPA: Parque Nacional da Peneda – Gerês de Adventure Maps 1:50.000

SINOPSE: O Trilho da Peneda é percorrido pedestre de ámbito EcolóxicoPaisaxístico que se desenvolve entre as poboacións da Peneda e a de Bouça dos Homens, na encosta oeste da Serra da Peneda.

DESCRICIÓN DA RUTA: A camiñada comeza collendo un carreiro que sae na parte traseira do aparcadoiro (755 m), seguindo marcas marelas e vermellas, que nos primeiros tres quilómetros ascende ata a cota de 1.095 m. Unha pendente media do 12% . Na primeira parte facendo varios zigzags vamos empoleirándonos por terreo rochoso ata comezar unha suave baixada desde a que vemos a branda de Bouças dos Homens. Por este carreiro pasaban os carros de bois comunicando a Peneda con a branda Bouça dos Homens. A baixada remata na estrada asfaltada desde a que podemos facer unha visita á branda alongando a ruta uns tres quilómetros.

    Camiñamos por esta estrada, en dirección sur, para coller un antigo camiño de romeiros devotos á imaxe da Srª da Peneda. Trátase dun camiño de a pé posto que non se permite outra maneira de recorrelo.

    Axiña comezamos unha nova subida ata as faldras da Penameda (1.105 m) e logo volvemos a baixar ate un pequeno lago artificial, coñecido polos aldeáns como o Pantano de Châ do Monte. Esta presa servía unha pequena central hidroeléctrica para o poboado de Peneda.

    Pasamos o encoro para seguir un regato comezando a forte baixada podendo ver, aló no fondo, a aldea de A Peneda, así como á nosa esquerda a Fraga da Meadinha onde existen varias vías de escalada. Mais abaixo chegamos ao remate do trilho que pasa por detrás do santuario da Nossa Senhora da Peneda e acada a estrada.

Publicacións populares deste blog

190813 Circular Ibón de Acherito - Subida ao Mallo a Ralla

080320 Trilho dos Moinhos de Parada