200621 Los Puertos de verano

 Los Puertos de Verano

                                                                               Enlaces a:  wikiloc  -  fotos  -  pdf castelán

SITUACIÓN: Pola de Gordón (León)

PUNTO DE PARTIDA: Cabornera (1.060 m)

ACCESO: Desde a N – 630 que une Oviedo con León, entre Vega de Gordón e Pola de Gordón sae a estrada LE – 473 que sobe ao porte de Aralla.

HORARIO: 5/6 horas                                         DESNIVEL: 450 m             DISTANCIA: 15 km

DIFICULTADE: Baixa                                       TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Cabornera (1 060 m)             COTA MÁXIMA: Porto de Stª Cruz (1 477 m)

MAPA: I.G.N. – 103 – II

SINOPSE: Os transhumantes tamén recorrían curtas distancias. O gando desprazábase en inverno cara aos páramos e ribeiras do sur da provincia de León, onde se aproveitaban os pastos e facía menos frío, e volvían á montaña no verán onde a altitude e o clima da Cordilleira Cantábrica Leonesa permitían que os pastos foran abundantes e estiveran frescos.

Esta ruta vai polas pequenos camiños que conectaban con os Puertos de Verano ofrecendo, todo o recorrido, unha vistas impresionantes da Cordilleira Cantábrica Leonesa.


DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos de Cabornera para cruzar o río Casares por unha ponte e comezar a subida continua ata o cimbro de Santa Cruz.

Logo de cruzar o río, seguimos unha pista á esquerda que dando un rodeo irá achegándonos a Foz del Calero, formada polo regato de El Fraile, lugar de gran fermosura, por camiño empedrado que sobe pola angosta garganta.

O camiño segue subindo ata chegar ao porto de Fonfrea (1.340 m) primeiro e Espineo (1.359 m) despois. Na ascensión, a Cordilleira Cantábrica amosa paisaxes en todo o seu esplendor.

Seguimos sempre a pista principal que cruza varios vales sempre subindo ata que chegamos ao porto de Santa Cruz (1.477 m).

Desde este lugar séguense varios carreiros que nos permiten acceder á Foz Escura, paso impresionante entre cuxas paredes aínda quedan os restos de antigas cabanas de pastores.

A ruta segue as veces perdida entre os pedreiros ata que nos introduce nun faial onde pouco a pouco vamos baixando ata que damos vista á aldea de Paradilla de Gordón.

Unha vez que saímos do bosque temos un cruce de camiños, o da esquerda, que é o principal baixa cara a Paradilla pero, nese punto, seguimos pola dereita seguindo un carreiro que transita pola parte inferior do faial.

Logo de pasar polo lugar de El Castro temos á nosa dereita a Foz de Valdecuevas á que podemos achegarnos nun tramo de ida e volta.

Publicacións populares deste blog

260914 Madotz - Irañeta

190813 Circular Ibón de Acherito - Subida ao Mallo a Ralla