190908 Pico Niajo - Pico Pozalón
Peña Niajo – Pico Pozalón
Enlaces a: wikiloc - fotos - pdf castelán
SITUACIÓN: Sajambre (León)
PUNTO DE PARTIDA: Ribota de Abajo (530 m)
ACCESO: Desde a estrada N – 625 que vai de Cangas de Onís a Riaño, antes de chegar a Oseja, coller á dereita.
HORARIO: 5/6 horas DESNIVEL: 1.300 m DISTANCIA: 13 km
DIFICULTADE: Media / Alta TIPO DE RUTA: Circular MAPA: I.G.N. – 80 – I
COTA MÍNIMA: Ribota de Abajo (530 m) COTA MÁXIMA: Niajo e Pozalón (1 747 m)
SINOPSE: Ruta moi interesante por Sajambre camiñando por espesos bosques e percorrendo o curuto entre os picos Niajo e Pozalón, cumes de discreta altura pero que nos ofrecen un panorama impresionante desde o fondo do desfiladeiro dos Beyos ata as altas cumes dos Picos de Europa, así como as fermosas aldeas de Pío e Vierdes.
DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos do Ribota de Abajo (530 m) cruzando o río Sella por unha ponte, deixando á nosa esquerda unha paneira de 8 tentemozos e a central eléctrica, e a dereita a casa de Marcelino e unha cadra. O camiño con forte pendente e varias curvas; na primeira delas pola parte dereita accede outro camiño e a man contraria levántase un poste do tendido eléctrico. Imos deixando os prados do río Igüeyo e o depósito da auga á dereita do camiño cando este perde parte da pendente. Cincuenta metros máis arriba temos unha bifurcación, seguindo pola dereita que nos leva á ponte Buseco sobre o río Igüeyo que no verán non leva auga. Vamos un bo treito paralelos ao rego Igüeyo dentro da frondosidade do bosque, chegando á braña Llanarca (1.000 m).
A arborada faise menos espesa, deixando a sombra do bosque un pouco máis arriba. Na braña deixamos unha cabana gandeira para comezar a subir polas abas no Niajo, agora sen carreiro e con forte pendente.
O terreo de rocha cuberta por vexetación fai que teñamos que mirar onde pisamos tendo que ir un pouco cara á esquerda onde temos unha canle que nos facilita a subida. Apousadamente vamos gañando altura ata acadar o curuto. O panorama agora é impresionante, camiñando polo cimbro cara ao cume do Niajo (1.747 m). Neste curto tramo temos que por atención para pasar un tramo de rocha rota.
Seguimos camiñando polo cimbro en busca do seguinte cume, o Pozalón (1.747 m), travesía que nos amosa unhas fermosas vistas, sen dificultade pero con inmensas caídas para ambos lados.