190814 Nacemento do río Urredera

 Nacemento do río Urederra

                                                                     Enlaces a:  Wikiloc    -   fotos   -   pdf castelán

SITUACIÓN: Serra de Urbasa y Andía (Navarra)

PUNTO DE PARTIDA: Aparcadoiro de Baquedano (600 m)

ACCESO: Desde a estrada NA – 718 collemos a NA – 7186 dirección Baquedano

HORARIO: 3 h                 DESNIVEL: 260 m         DISTANCIA TOTAL

DIFICULTADE: Baixa     TIPO DE RUTA: Ida e volta

COTA MÍNIMA: Pista (540 m)         COTA MÁXIMA: Nacemento (700 m)

MAPA: I.G.N. – 140 – I

SINOPSE: No seu nacemento o río Urederra forma un colosal anfiteatro aos pés dunha grande muralla calía formada pola serra de Urbasa, baixando cara as Amescoas en divertidas fervenzas de sorprendente cor azul turquesa.

    O río Urederra xurde da mesmas entrañas de Urbasa, saíndo das profundidades a auga que se filtra do gran karst da serra.

    O entorno catalogado como Reserva Natural, e dunha beleza e riqueza ecolóxica con unha pequena poboación de lontras e visón europeo, ademais de numerosas aves acuáticas que fan das pozas as súas piscinas particulares, entre as que destaca o martín peixeiro e o merliao (mirlo acuático).

DESCRICIÓN DA RUTA: O comezo da andaina é moi sinxelo e monótono. Unha ancha pista que en seguida nos leva á canle do río Urederra. Rodeados de bosque, faias e carballos principalmente a ruta lévanos río arriba comezando a regalarnos imaxes de postal.

    As primeira pozas e fervenzas, unha detrás de outra, fan o lugar alucinante, ademais dos tramos onde a auga discorre máis tranquila e onde se poden ver os tons azuis e verdes tan intensos que caracterizan este espazo natural.

    Logo de percorrer un bo tramo de ruta, o carreiro comeza a gañar altura entre pasarelas e pontes de madeira sendo ao mesmo tempo, as fervenzas máis impoñentes e onde a auga parece saír de todas partes.

    Despois da subida, temos unha grande recompensa, xusto no remate do camiño. É onde emerxe a auga, nada menos que unha fervenza de 100 m de altura que sae dun impresionante cortado rochoso, o Balcón de Pilatos.

    A volta facémola polo mesmo camiño gozando por partida dobre de todas as marabillas que vimos na ida.

Publicacións populares deste blog

NOVAS

260914 Madotz - Irañeta

260916 Circular Midí d'Ossau