190811 Selva de Oza - Boca del infierno - Senda de los Ganchos - Vía romana
Selva de Oza – Boca del Infierno – Senda los Ganchos – Vía Romana
Enlaces a: Wikiloc - fotos - pdf castelán
SITUACIÓN: Valle de Echo (Huesca)
PUNTO DE PARTIDA: Selva de Oza (1.123 m)
ACCESO: Pola estrada HU – V – 2132 que sobe de Hecho a Selva de Oza atravesando o barranco de La Boca del Infierno que separa o macizo da serra de Alano.
HORARIO: 4 - 5 horas DESNIVEL: DISTANCIA: 14 km
DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Circular
COTA MÍNIMA: COTA MÁXIMA:
MAPA: I.G.N. – 144 – I – II – Valles de Ansó y Echo de Alpina
SINOPSE: Fermosa e espectacular ruta circular pola garganta da Boca del Infierno e a exuberante Selva de Oza pasando pola Senda de los Ganchos, antiga senda de contrabandistas e pola Vía Romana, vía histórica de comunicación entre Francia e España.
Esta ruta, en varias ocasións, sobre todo na Senda dos Ganchos, achégase bastante ao barranco polo que deberemos extremar as precaucións. Existen varias fontes ao longo do percorrido.
DESCRICIÓN DA RUTA: A camiñada comeza nada máis cruzar a ponte de Oza, xunto a un panel indicador. Aquí arranca un sendeiro que deixa á esquerda o campamento de Ramiro el Monje seguindo as indicacións de “Camino Viejo a Puente de Sil” que axiña nos introduce na Selva de Oza, onde poderemos gozar da exuberancia do seu bosque de faias e abeto branco, entre outros moitos.
Unha vez que chegamos a Puente Sil, cruzámolo e seguimos por o evidente carreiro seguindo as marcas do GR – 11 ata chegar a outra ponte, moi preto da estrada, que non debemos cruzar, xa que a nosa andaina segue polo GR en dirección a Siresa e Echo.
Atopamos un río que temos que cruzar, o sendeiro, de vez en cando, ten claros que nos deixan ver as grandes montañas que rodean a garganta da Boca del Infierno, con vistas realmente espectaculares.
Seguindo o camiño chegamos ao antigo campamento de San Juan de Dios, onde seguiremos as indicacións da Senda de los Ganchos, un constante sube e baixa e aínda que os desniveis non son moi fortes ao remate as subidas acumuladas nótanse. O camiño non ten perda, estando ben sinalizado, chegando así á ponte de Santa Ana (964 m), a cal temos que cruzar para chegar a estrada en cómodo camiñar.
Cruzamos a estrada que sobe á Selva de Oza para seguir as indicacións da Calzada Romana, onde comezamos o camiño de volta. Este tramo tamén está ben sinalizado polo que tampouco ten perda. Como o anterior é igual de espectacular, rodeado de bosque de faias, acivros e teixos.
Por este camiño atoparemos a antiga fortaleza chamada Fuerte de Ysil, mandada construír por Felipe II no século XVI, atopándose hoxe en día en ruínas pero no seu día foi torre vixía do paso entre España e Francia.
Seguimos o camiño, agora en suave baixada, que nos levará de novo ao campamento de San Juan de Dios. As opcións para volver á Selva de Oza son: por onde viñemos camiñando ou pola estrada onde teremos que ter coidado con a circulación de vehículos.
VARIANTE A ECHO E SIRESA (9 km desde Puente Santa Ana)
En vez de cruzar pola ponte Santa Ana, si seguimos de fronte, camiñaremos uns metros pola estrada que sobe ao refuxio de Gabardito, ata a primeira curva cerrada á esquerda. Aquí abandonamos a estrada do refuxio collendo á dereita unha pista de terra. Pouco despois aparece outra pista á esquerda que rexeitamos seguindo sempre preto do río Aragón Subordán.
A pista de cómodo andar lévanos a Echo, lugar que podemos visitar e logo, por estrada, seguimos ata Siresa.