160326 Garganta de Loriga - Torre

Garganta de Loriga - Torre

                                                                          Enlaces a: wikiloc  -  fotos  -  pdf castelán

SITUACIÓN: Serra da Estrela (Seia)Portugal

PUNTO DE PARTIDA: Loriga (826 m)

ACCESO: Loriga está situada a 44 km de Covilhâ pola espectacular estrada N – 339 que atravesa a serra pola parte sur.

HORARIO: 5 horas                          DESNIVEL: 1.170 m                 DISTANCIA: 12,4 km

DIFICULTADE: Media/alta               TIPO DE RUTA: Travesía         MAPA:

COTA MÍNIMA: Loriga (826 m)       COTA MÁXIMA: Torre (1 993 m)


SINOPSE: O fermoso val de Loriga é de orixe glaciar, igual que o val do Zêzêre, e está situado no lado oposto da Serra da Estrela. O glaciar, situado no plano superior da serra dividiuse e rachou estes dou vales, e outros vales menores. Os dous vales glaciares máis impoñentes da Serra da Estrela son diferentes debido a que as condicións xeolóxicas foron diferentes. Do lado de Loriga, o granito era máis compacto e sólido, polo que os efectos erosivos do glaciar foron diferentes e dificultaron a erosión no glaciar de Loriga. Encanto ao lado de Manteigas o glaciar abriu o característico val en U aberto. Do lado de Loriga o xeo xerou un val máis estreito, deixando altas penas e costas escarpadas.


DESCRICIÓN DA RUTA: Esta camiñada sae da estrada N – 231 na parte norte de Loriga. Logo de camiñar os primeiros douscentos metros en dirección norte, o camiño xira en dirección nordeste ata o quilómetro e medio do comezo onde durante cincocentos metros camiñamos en dirección norte para seguir de novo cara ao nordeste.

Segundo imos gañando altura, miramos cara atrás para ver a fermosa paisaxe que hai polos arredores de Loriga. O camiño vai perdendo identidade para adentrarse na garganta facéndose cada vez máis agreste. Camiñando entre pedras e máis pedras chegamos á garganta Covâo da Areia e Covâo da Nave con fermosas vistas.

O camiño segue gañando altura para situarnos na primeira lagoa, Covâo do Meio, pasamos pola presa e seguimos pola beira da lagoa ata unhas ruínas que dan paso ao Covâo do Boeiro.

Neste lugar deixamos a pista para coller rumbo sur cara ao Covâo das Quelhas e a lagoa Serrano que deixamos unha a cada lado da ruta. Desde este lugar, quédannos dous quilómetros para chegar a Torre (1.993 m), cume máis alto da Serra da Estrela e de Portugal continental, solo superado pola Montaha do Pico nas Azores que ten 2.351 m.

O punto xeodésico de Torre fai de límite entre as freguesías de Unhais da Serra (Covilhâ), Sâo Pedro (Manteigas), Loriga (Seia) e Alvoco da Serra (Seia).

Publicacións populares deste blog

190813 Circular Ibón de Acherito - Subida ao Mallo a Ralla

080320 Trilho dos Moinhos de Parada