150827 Ref.José M. Blanc - Ref. Amitges
Ref. José M. Blanc – Ref. Amitges
Enlaces a: Wikiloc - fotos - pdf castelán
SITUACIÓN: Parc Nacional d´Aigüestortes i Estany de Sant Maurici (Lleida)
PUNTO DE PARTIDA: Ref. José M. Blanc (2.318 m)
ACCESO: Ao refuxio de José M. Blanc acédese desde Espot directamente polo Vall de Peguera, unhas tres horas e media e 1000 m de desnivel. No circuíto de Carros de Foc desde o refuxio de Colomina ou de Ernes Mallafré.
HORARIO: De 4 a 7 horas DISTANCIA: 19,5 km DIFICULTADE: Media
TIPO DE RUTA: Travesía DESNIVÉIS: De subida 847 m / de baixada 825 m .
Nin os desniveis nin a distancia contemplan as opcións de subir ó Pic de Monestero (2.844 m) ou á Encantat Gran (2.748 m)
COTA MÁXIMA: Coll de Monestero 2.716 m.
MAPA: Carros de Foc (Ed. Alpina) 1:25.000
DESCRICIÓN DA RUTA:
1ª parte: De Josep Mª Blanc (2.318 m) a Mallafré (1.893 m) 3h a 5h (11 km)
Dende o refuxio, collemos a pista cara ao norte seguindo o GR – 11 durante uns minutos. Logo, deixaremos o GR para seguir bordando o lago cambiando a dirección cara ao oeste.
O camiño deixa á dereita o Estany de La Cabana e á esquerda o Estany de la Coveta para pasar xunto a un ramal, que ven pola esquerda, cara ao Coll de Monestero (2.716 m). Dende este paso sae un sendeiro á esquerda que leva ao Pic de la Peguera (2.980 m) e outro á dereita que vai ao Pic de Monestero (2.877 m).
A baixada polo val de Monestero é unha das máis aconsellables para todas as persoas que queiran gozar da montaña. Primeiro baixamos por un camiño de terra, no comezo bastante pendente, para despois combinar tramos de herba con bloques de pedra. Unha vez nestes, seguindo os fitos, atopámonos no fondo do val. Quedan case catro quilómetros ata o Estany de Sant Maurici, seguindo sempre o camiño ben marcado entre grandes prados, frondosos bosques e impoñentes montañas ao redor, sendo as máis salientables as dúas Encantats, e cuxos pés está situado o refuxio.
2ª parte: De Mallafré (1.893 m) a Amitges (2.366 m) 1h a 2h (6 km)
Sen dúbida o tramo máis fácil xa que se trata de seguir a pista forestal durante seis quilómetros. Aínda así, este traxecto non ten desperdicio, con continuas fervenzas e vistas espectaculares das maxestosas Agulles de Amitges ao lado do refuxio.
Pic de Monestero (2.844 m)
Subida desde Coll de Monestero (2.716 m)
Distancia: 800 m Desnivel: 128 m
Tempo: De 20 a 30 minutos.
Gran Encantat (2.748 m)
Subida desde o Val de Monestero (Fangasalls) (2.050 m)
Distancia: 2 km Desnivel: 700 m Dificultade: Pasos de II e III (aéreo)
Tempo: De 1:30 a 2:00 h
Gran Encantat (2.748 m)
Subida desde a Valleta Seca (2.300 m)
Distancia: 1.500 m Desnivel: 450 m Dificultade: Pasos de II e III (aéreo)
Tempo: 1 h 30 m de subida
NOTA: Temos unha variante, perdendo todo o Val de Monestero, partindo do Coll de Monestero (2.716 m) que consiste en coller o sendeiro que sobe ao Pic de Monestero (2.844 m) e baixar en dirección nordeste á Collada de Fonguera (2.728 m) e seguir, logo, en dirección norte polo val de Fonguera (Valleta Seca). No entronque do sendeiro que sobe ao Coll dels Encantats (2.584 m) deixamos as mochilas. Logo de baixar, este camiño lévanos directamente ao refuxio de Ernest Mallafré e ó Estany Sant Maurici.
Aquí retomamos o camiño principal que ven do Val de Monestero.
Ver en Wikiloc: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=5217789